Mensaxe aos venezolanos: "Galicia é un bo lugar para se instalar a vivir"

Núñez Feijóo aproveitou unha pregunta da prensa sobre os refuxiados para poñer a comunidade "a disposición" das persoas que foxen dunha "situación límite".


|

Venezolanosvenezuelamani


Feijóo aproveitou unha pregunta sobre os refuxiados sirios en España, para asegurar que a comunidade está "a disposición" dos refuxiados e dará refuxio a todas as persoas que pida o Goberno e, ao tempo, introduciu a problemática de Venezuela.


"Estamos a disposición deses refuxiados, como nos preocupa tamén moitísimo o éxodo que hai de venezolanos, españois e galegos, pero venezolanos, a Galicia", indicou o presidente.


"Mandamos unha mensaxe a todos os venezolanos que están nunha situación límite de que Galicia é un bo lugar de acollida, é un bo lugar para vivir, para estudar os seus fillos; os venezolanos que poidan estar perseguidos simplemente por razóns ideolóxicas, que poidan vir a Galicia a vivir, a instalarse", resolveu.


SOLUCIÓN DIFÍCIL


Este xoves, o poeta e ensaísta venezolano Rafael Cadenas admitiu que ve "difícil" unha solución en Venezuela cun goberno con "trazos fascistas" e que "odia a democracia", segundo asegurou nunha rolda de prensa na Coruña.


No seu encontro cos medios de comunicación, Cadenas manifestou que no seu país "fálase demasiado de diálogo pero o goberno non cede en canto ao que lle pide, xustamente, a oposición". Por iso, considerou "moi difícil" unha solución.


Como exemplo da "crueldade do réxime", citou que non se atendan demandas da oposición como establecer un canle humanitaria para a chegada de medicamentos e alimentos. Con todo, lembrou que, a pesar desta situación, el segue vivindo en Venezuela.


"Co temor de todos os venezolanos porque outro dos problemas é a delincuencia". A iso, sumou "o problema da inflación". "Que golpea a todas as clases sociais, sobre todo os de menos recursos", apostilou.


relacionada Emigración visita Venezuela para ver as necesidades de "galegos en dificultades"
relacionada A Embaixada española, vítima da violencia en Venezuela

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE