Montecelo non abre camas nin para pacientes operados, que envían de volta a Urxencias

Prosagal anima aos usuarios para presentar reclamación se no lles asignan camas, pois hai 33 libres.


|

MontecelourgenciasprosagalProtesta deste luns en Montecelo.

O sindicato Agrupación de Profesionais da Saúde de Galicia (Prosagal) animou aos usuarios do servizo de Urxencias do Hospital Montecelo de Pontevedra a pedir a folla de reclamacións se non se lles asigna unha habitación cando sexan ingresados ou intervidos cirurxicamente.


O sindicato sanitario fixo esta recomendación este luns durante unha concentración ante este servizo, na que a presidenta de Prosagal, Carolina Iñarrea, afirmou que, nesa situación, houbo ata 14 pacientes operados "de forma programada" mentres Medicina Interna está "pechada baixo sete chaves" con 33 camas dispoñibles.


En concreto, máis dunha vintena de persoas convocadas por Prosagal concentráronse ante as Urxencias en Montecelo, onde portaron unha pancarta co lema 'non ao peche de camas'. Ademais, exhibiron carteis con mensaxes como 'Camas pechadas privatizacións agochadas', 'Camas na pública, non na privada' ou 'As camas do Quirón cústannos un riñón', en alusión ao concerto do Sergas co hospital privado Miguel Domínguez-Quirón.


Carolina Iñarrea atribuíu a actual "sobrecarga" de traballo, o "colapso" de Urxencias e o "descontrol de pacientes" a ter "camas pechadas", porque "a gripe non chegou", engadiu. Deste xeito, rexeitou a versión da Consellería de Sanidade sobre a existencia de "picos" de actividade.


Neste sentido, criticou que os enfermos que ocupan os corredores "non terían que esperar nin unha hora" se as camas se puxesen á súa disposición. "Isto nunca pasou", lamentou a presidenta de Prosagal.


PETICIÓN AO CONSELLEIRO


Na lectura do manifesto, Carolina Iñarrea dirixiuse ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e á xerencia do Hospital Montecelo interpelándoa sobre "cando" se remediará esta situación.


Así, na xornada do luns ata as 18,00 horas, un total de sete pacientes agardaban "en padiolas" a que se lles asignase unha cama mentres Urxencias se atopaba novamente "colapsado". Carolina Iñarrea instou aos usuarios a "non conformarse con longas esperas cando non é necesario" porque "a sanidade é patrimonio de todos" e teñen "dereito a unha asistencia de calidade digna".


PRIVATIZACIÓN


Desde Prosagal acusaron á Consellería de Sanidade de dar "un paso máis á privatización" pola súa decisión de "non utilizar unidades que decidiron pechar". A presidenta do sindicato queixouse de que esta tendencia se produce "aos poucos para que pase desapercibida e ninguén proteste".


"Empézase pechando 15 días e este ano o peche vai de tres a seis meses", advertiu, citando servizos como limpeza, mantemento e cociña entre os primeiros afectados, aos que seguirá "o resto".


Ademais, a protesta de Prosagal tamén se estende ao ámbito laboral, en tanto "non se cobren substitucións en Atención Primaria, non se substitúen enfermeiras, auxiliares nin celadores", como tampouco cirurxiáns, pediatras nin médicos de familia.


"Din mentiras porque hai profesionais, pero non se lles ofrecen contratos dignos e teñen que emigrar", reprochou Carolina Iñarrea, que denunciou que mentres "a lista de espera engrosa", co que finalmente a Administración acaba destinando 1.500 millóns de euros "para eliminala", algo que cualificou de "indignante e vergoñoso".


relacionada Novas protestas polas camas pechadas en Pontevedra que o conselleiro ignora
relacionada O Sergas mantén camas pechadas nos hospitais de Pontevedra

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE