O Sergas mantén camas pechadas nos hospitais de Pontevedra

"Hai máis de 50 enfermos periféricos en todo o hospital que encherían esas camas, e mesmo quedarían curtas".


|

Hospital MonteceloHospital Montecelo, de Pontevedra.

O sindicato Prosagal celebrou este martes dúas concentracións ante os hospitais Provincial e Montecelo debido á prolongación máis aló do prazo previsto do peche de camas na área sanitaria de Pontevedra e esixiu a súa apertura.


Así, a portavoz de Prosagal, Carolina Iñarrea, esixiu a apertura ao completo das unidades afectadas, Pneumoloxía e Medicina Interna ao entender que "este peche non se pode xustificar", xa que "hai máis de 50 enfermos periféricos en todo o hospital que encherían esas camas pechadas, e mesmo quedarían curtas", asegurou.


Estes traballadores sanitarios lamentan a "tomadura de pelo" pola "falta de compromiso da xerencia" en canto ao día en que se reabrirán as unidades pechadas e a falta dunha comunicación oficial de cando pensan que volverá todo á actividade normal.


Entre outras consecuencias, Iñarrea advertiu de que o peche de camas supón un "colapso" no servizo de Urxencias, no incremento dos tempos de espera para os ingresos, a mestura de pacientes con distintas patoloxías e a "sobrecarga de traballo" nas plantas que permanecen abertas. Ademais, alertou de que a situación redunda na calidade asistencial para os pacientes.


Así mesmo, a portavoz de Prosagal puxo como exemplo a situación vivida este venres "con seis pacientes que pasaron a noite nunha padiola en Urxencias habendo camas dispoñibles". E apuntou que "están a derivar á privada aos pacientes cirúrxicos", mentres que nas plantas que lles correspondían na sanidade pública "están a ingresar ás patoloxías crónicas, que son as que non quere a privada".


Tamén Prosagal explicou que na pasada madrugada "abriu a Unidade de Pneumoloxía ao completo porque a saturación de Urxencias era moi grande e non había outra", unha apertura que se produciu con persoal eventual contratado e "coa previsión de que volva pechar este mércores".


Este sindicato expresou o seu "enfado e indignación" por esta decisión xa que "non se entenden que se pechen servizos sanitarios básicos" e "porque hoxe son esas unidades e mañá será calquera outra".


relacionada Pontevedra quedará este verán con 82 camas pechadas entre o hospital Provincial e Montecelo
relacionada Sanidade négase a admitir que o peche de camas causou problemas no verán
relacionada Clamor contra o "indecente número de camas" pechadas nos hospitais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE