Novas protestas polas camas pechadas en Pontevedra que o conselleiro ignora

|

HospitalprovincialpontevedraHospital Provincial de Pontevedra.


O sindicato PROSAGAL convocou unha nova concentración este luns ás seis da tarde na porta de Urxencias do Hospital Montecelo, ao entender que "tanto os traballadores como os usuarios deben seguir sendo informados da situación que se está vivindo no servizo de Urxencias de Montecelo e en xeral en todo o CHOP como consecuencia de manter o peche de camas".


PROSAGAL anuncia esta medida "en vista de que a Xerencia do CHOP non rectifica a súa decisión de manter as unidades do Hospital Provincial pechadas".


ALMUIÑA DI QUE HAI "FOLGURA"


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, con todo, asegurou que existen "camas utilizables" no Hospital Montecelo, de modo que negou así as queixas de pacientes e persoal sanitario pola acumulación de usuarios nos corredores do centro.


"Non hai camas pechadas, cando hai necesidade utilízanse todas as instaladas", insistiu, e argumentou que "neste momento hai certa folgura para ingresar".


Con motivo da súa estancia en Pontevedra para inaugurar as VI Xornadas Galegas de Hospitalización a Domicilio, Vázquez Almuiña sinalou que "é bo ter certo número delas sen utilizar para picos que poida haber en momento puntuais", e puxo como exemplo a campaña da gripe.


Admitiu, con todo, situacións de colapso motivadas por que a zona de Urxencias de Montecelo "ten moi pouco espazo", o que "dificulta un traballo máis áxil".


O titular de Sanidade xustificou que en determinadas zonas dos hospitais "cando non hai pacientes en número suficiente agrúpanse para telos ingresados, próximos aos profesionais".


Á DE MEDICINA INTERNA


PROSAGAL compartiu no seu Facebook un vídeo que mostra a á de Medicina Interna III do Hospital Provincial de Pontevedra "desértica e baleira".



relacionada O Sergas mantén camas pechadas nos hospitais de Pontevedra
relacionada Sanidade négase a admitir que o peche de camas causou problemas no verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress