A saída de Fernando Vidal non tivo que ver con Pepe Mel

|

TinofernandezmicTino Fernández, durante a presentación. Foto: RC Deportivo


Tino Fernández quixo aclarar a inesperada marcha do ex conselleiro do Dépor Fernando Vidal, que fixo pública onte. Foi durante o acto de presentación do Torneo Vitoria 'Memorial Moncho Rivera' que enfrontará ao Corinthians nun partido benéfico contra o equipo herculino.


O presidente manifestou que "nos gustaría que seguise, pero tomou esa decisión e respectámola. Fernando traballou intensamente, brillantemente, con moita ilusión. Se entende que o mellor é saír, só temos respecto e gratitude. Hai que darlle as grazas por todo o que fixo".


Tino Fernández sostén que esta dimisión non ten nada que ver con discrepancias polo adestrador. "Pepe Mel foi contratado co consenso, incluído o de Fernando Vidal, reunidos en Abegondo o luns de entroido", expresou.


Ademais, insistiu en que "desde xaneiro de 2014 o Consello só cambiou unha proposta da dirección deportiva. Unha soa, e non por Pepe Mel. Presentouse unha proposta para cambiar de adestrador tras o cesamento de Víctor Fernández. O Consello entendeu que non era a adecuada e decidiu traer a Víctor Sanchez del Amo. Ese foi o único caso".


relacionada Fernando Vidal presenta a súa dimisión como conselleiro do Dépor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress