Medio Rural cesa centos de efectivos antiincendios sen acabar a campaña de alto risco

|

BrigadaincendiobatelumeTraballadores antiincendios teñen contratos de tres meses ao ano.

O sindicato CCOO lamentou o cesamento de actividade de 436 efectivos do servizo de prevención e extinción de incendios, con data deste 1 de outubro.


En concreto, segundo informa nun comunicado, trátase de persoal descontinuo que traballou durante tres meses nas bases helitransportadas de Marroxo (Monforte de Lemos), Vilamaior (Verín) e O Campiño (Pontevedra), ademais de bombeiros forestais, condutores de motobombas, entre outros.


Este sindicato censurou que a Consellería de Medio Rural incentive "ano tras ano" o traballo de empresas privadas, como Natutecnia, "en detrimento do propio persoal descontinuo", dado que esta firma segue operando en bases como San Xoán de Río, en Castro Caldelas, Toén, Portomarín ou Silleda, entre outras.


Por iso e tendo en conta que aínda non concluíu a época de alto risco, o sindicato solicita a prolongación do tempo de traballo deste persoal para realizar traballos de prevención, á vez que reduce a taxa de temporalidade deste servizo.


relacionada Un incendio forestal avanza polo Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
relacionada A Xunta deixa para o outono os traballos de prevención de incendios forestais
relacionada Máis incendios forestais, pero 600 hectáreas queimadas menos que o ano pasado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress