Máis incendios forestais, pero 600 hectáreas queimadas menos que o ano pasado

|

BrigadaincendiobatelumeO risco de incendio segue sendo "máis que alto". Foto: @BMarroxo twitter


Ata o mes de agosto queimáronse en Galicia 600 hectáreas menos que no mesmo período do ano pasado --desde o 1 de xaneiro ata o 31 de agosto--. Así o indicou en Celanova a conselleira do Medio Rural.


Aínda que se rexistraron un maior número de lumes, Ángeles Vázquez asegurou que o operativo contra incendios funcionou con "gran rapidez" e supuxo que o número de hectáreas "diminuíse considerablemente" en relación a outros anos --non o número de conatos, xa que houbo 700 conatos máis de incendios, pero o 80 por cento quedou só niso--.


"Son menos de 600 hectáreas en relación ao ano pasado", indicou a conselleira, quen, con todo, remarcou que isto "non quere dicir nada" porque hai "moita seca" e porque, de feito, este mesmo sábado recibían noticias dunha nova detención dun incendiario.


"Os incendiarios non poden andar soltos polo monte, e menos se son reincidentes", alertou, para logo avisar de que a Galicia lle espera "un setembro seco, sobre todo en Ourense". E é que sostén que, aínda que caeron tormentas a última semana, "iso non deu lugar a que haxa humidade".


Por iso, sinalou que o risco de incendio é "máis que alto". De todos os xeitos, fixo fincapé en que o operativo segue funcionando, do mesmo xeito que os corpos de seguridade.


relacionada Gandeiros e medios de extinción, obrigados a compartir depósitos de auga en Ourense
relacionada Verín queda sen auga potable

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress