Verín queda sen auga potable

As fortes choivas unidas á seca e os incendios provocaron o arrastre das cinzas á traída.


|

Grifoagua 1


O Concello de Verín emitiu este luns un bando no que avisa os seus veciños de que a auga da traída non é apta para o consumo humano.


Segundo informa no escrito o alcalde Verín, Gerardo Seoane, esta situación prodúcese "como consecuencia das fortes choivas" das últimas horas e a seca existente, que provocaron un arrastre de cinzas dos terreos queimados nos incendios que afectaron ao municipio ourensán no mes de agosto, entre eles, o máis grande do ano en Galicia.


Por iso, tomouse esta decisión "en cumprimento de prevención da saúde pública", dado que a "auga de abastecemento non é apta para o consumo humano".


Así, persoal técnico atópase traballando para buscar unha alternativa e recuperar o correcto funcionamento do sistema. Así mesmo, sinálase que unha vez que se resolva o problema comunicarase aos veciños.

relacionada "Xa non hai chamas" no incendio que arrasou máis de 1.360 hectáreas en Verín
relacionada Galicia, a un paso de decretar a alerta por seca este mes de setembro
relacionada Oza-Cesuras sacará a concesión a xestión da auga, ao verse incapaz de garantir un servizo de calidade
relacionada Só a costa se libra hoxe das tormentas e a saraiba

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE