A Xunta deixa para o outono os traballos de prevención de incendios forestais

|

Cualedroincendio


Amigos da Terra, Sindicato Labrego Galego, a organización galega de comunidades de montes, a asociación forestal Frouma e a Federación Ecoloxista Galega aseguran que a Xunta non realizou aínda os traballos de prevención de incendios orzados para 2017.


Nun comunicado remitido polo sindicato agrario, estas organizacións denuncian que os labores "comezarán a facerse agora, que empezan as primeiras choivas do outono e vai rematar a tempada de máximo risco de incendios".


"Un ano máis, a Consellería de Medio Rural traballa ao azar, sen calendario, sen obxectivos e cos labores de prevención do ano 2017 sen realizar", critican.


Neste sentido, lembran que "unha das queixas dos profesionais" é "o estado de abandono" da chamada "infraestrutura de prevención".


Consideran que estas "graves carencias" arranxaríanse se o Goberno galego crease mesas de traballo dentro do Consello Forestal. Un órgano, precisamente, cuxa última sesión abandonaron a principios de verán.


relacionada "Hai montado un chiringuito ao redor da extinción de incendios"
relacionada Brigadistas de Seaga denuncian precariedade laboral e falta de prevención
relacionada O plan de prevención de incendios de Ames, modelo para toda Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress