Fomento rectifica e permite aos condutores do Morazo usar calquera carril de Rande

|

TrabajadorrandeobrasakollontaiTratan de evitar futuras retenciones en Rande.


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o director xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, Jorge Urrecho, reuníronse con representantes da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, para informalos dos cambios no proxecto, que permiten a interconexión de carrís nos extremos da ponte.

Na reunión explicouse a solución que está tramitando o Ministerio de Fomento para permitir que o tráfico entre O Morrazo e o outro lado da ría se poida facer por calquera dos carrís da Ponte de Rande, tanto os actuais, como os dous novos que se están construíndo en plataformas, nos lados exteriores da infraestrutura.

Segundo explicaron fontes do Ministerio, implementaránse carrís de cambio de velocidade que fagan posible a dobre opción de utilizar as vías de servizo laterais e os carrís troncais, tanto nas horas punta como nas horas val, "garantíndose así un adecuado nivel de servizo".

A Xunta, pola súa banda, apuntou que a solución técnica adoptada "incrementa a operatividade do proxecto de ampliación da capacidade da AP-9 nos accesos a Vigo", diminuíndo o risco de retencións para os tráficos que procedan da futura autovía do Morrazo.



relacionada Atrasado ao 9 de outubro o peche do corredor do Morrazo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress