Atrasado ao 9 de outubro o peche do corredor do Morrazo

|

Montealegretunecastromorrazo



A Xunta anunciou que atrasa o peche ao tráfico do corredor do Morrazo ata o 9 de outubro, para facilitar a mobilidade durante a celebración da feira Conxemar (que terá lugar no Instituto Feiral de Vigo do 3 ao 5 de outubro).


Así llo trasladou a Consellería de Infraestruturas aos concellos de Moaña, Cangas e Bueu, e ás empresas que están a desenvolver as obras neste viario, para realizar os axustes necesarios na programación dos traballos.


O pasado mes de xuño acordouse, con eses municipios, variar o trazado da autovía que se está construíndo para preservar o castro de Montealegre. Ese cambio obriga a pechar o corredor ao tráfico entre outubro e maio do ano que vén, cando se abrirán os primeiros tramos do viario, xa con características de autovía.


Para preservar o conxunto arqueolóxico será necesario ampliar o túnel que hai actualmente, nunha obra complexa tecnicamente e que non ten precedentes en España.


relacionada Barallan levar á xustiza "a afección" ao castro de Montealegre
relacionada Cortan ao tráfico un carril do túnel de Montealegre no corredor do Morrazo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress