O PP local da Coruña, ao xulgado por supostos chanchullos no seu congreso

|

EscribanomatoEscribano denunciou que o congreso local non foi limpo.


O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña citou o PP local da cidade herculina e o ex deputado autonómico Javier Escribano a unha audiencia previa, tras a demanda presentada por este último e outras persoas do seu equipo para optar á presidencia do partido na cidade, por supostas irregularidades no congreso local.


No seu escrito, ao que tivo acceso Europa Press, cítase ás partes a unha audiencia previa o próximo 28 de novembro no xulgado despois que Escribano e outros catro afiliados denunciasen que se incumpriron as garantías democráticas no congreso.


Entre outras cuestións, alegaron que se cambiaron os requisitos para concorrer como candidato a poucos días da celebración dun congreso no que resultou elixida a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, como presidenta e para o que, finalmente, Escribano non presentou candidatura.


Agora, o xulgado convoca as partes a unha audiencia previa, antes da celebración do xuízo, "para tentar un acordo ou transacción entre as mesmas". Tamén será para propoñer e admitir proba ou examinar cuestións procesuais.


DEMANDA


Antes da celebración do congreso, en abril deste ano, a titular do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña rexeitou adoptar a medida cautelar de suspensión do mesmo solicitada por Escribano


No auto, rexeitouse o seu argumento de que, a catro días do congreso, se solicitase que os afiliados con dereito a voto e a avalar tivesen que estar ao día das cotas. A xuíza cualificou de "sentido común" que sexa necesario "cumprir coas obrigacións estatutarias" cando se forma parte dunha asociación ou dun partido.


relacionada Beatriz Mato, nova presidenta do PP da Coruña
relacionada O xulgado rexeita suspender o congreso do PP coruñés como solicitaba Escribano
relacionada O PP coruñés ten menos afiliados "ao día" dos avais esixidos aos candidatos
relacionada Escribano acusa o comité do Congreso do PP coruñés de trato de favor a Mato

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress