O PP coruñés ten menos afiliados "ao día" dos avais esixidos aos candidatos

|

Javierescribanocorunha


Integrantes da candidatura 'Libertad para elegir', que encabeza o ex deputado Javier Escribano para o congreso do PP coruñés, informaron de que puideron comprobar na sede que, segundo datos oficiais, só están ao tanto do pago das cotas 671 afiliados dun censo total de 4.600 persoas, o que representa un 15 por cento sobre o total de censo de afiliados na Coruña.


"O número de avais esixidos a ambas as candidaturas, 700, supera o de afiliados coas súas cotas ao día (671)", traslada a candidatura, nun comunicado no que apunta que "cada vez queda máis claro que as normas ditadas polo comité organizador do congreso son arbitrarias e absurdas".


"Agora, (Beatriz) Mato, que anunciou máis de 1.000 avais, ten que espabilar os seus apoios para carretar cotas, co fin de que as súas propias trampas a poidan beneficiar", resolveu.

relacionada Escribano acusa o comité do Congreso do PP coruñés de trato de favor a Mato
relacionada Mato di agora que ve "ben" o paso adiante de Escribano
relacionada O ex deputado Javier Escribano competirá con Beatriz Mato polo PP coruñés

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress