Escribano acusa o comité do Congreso do PP coruñés de trato de favor a Mato

|

Beatrizmato


O candidato ao XIII Congreso do PP da Coruña Javier Escribano pediu á dirección provincial do partido a "inhabilitación inmediata" do actual comité organizador do Congreso por "parcialidade" a favor da conselleira de Medio Ambiente e tamén aspirante, Beatriz Mato.


Escribano rexistrou este mércores na sede do PP un escrito dirixido ao presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, no que avisa das "graves irregularidades" detectadas no proceder deste órgano, así como por parte da candidatura encabezada por Beatriz Mato.


Nun comunicado, o candidato explicou que busca que interveña a dirección provincial para "garantir a neutralidade" ante unha situación "absolutamente insustentable".


Ademais, avanzou que se a dirección provincial mira para outro lado "elevará ata as instancias necesarias" a súa denuncia co obxectivo de "obter unhas regras do xogo" acordes a un partido que aspira a gobernar a cidade herculina.


"É absolutamente lamentable que se estean dando estas circunstancias coa conivencia de tantas persoas e que ninguén sexa capaz de intervir en aras de manter a neutralidade", denunciou Escribano, que asegurou que a candidatura de Beatriz Mato "está absolutamente manchada" e "inhabilitada" para dirixir o PP coruñés.

relacionada Mato di agora que ve "ben" o paso adiante de Escribano
relacionada O adversario de Mato a liderar o PP da Coruña esíxelle "unha rectificación inmediata"
relacionada O ex deputado Javier Escribano competirá con Beatriz Mato polo PP coruñés

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress