Adif detalla os bens que se van expropiar para a intermodal de Ourense

Está previsto que o proxecto se realice mantendo o tráfico actual, tanto de viaxeiros como de mercadorías.


|

Intermodalourense 2Proxecto da intermodal de Ourense.


Adif Alta Velocidade publica este martes, día 12 de setembro, no Boletín Oficial do Estado (BOE) a apertura do proceso de información pública sobre a relación dos bens e dereitos afectados cuxa expropiación é necesaria para executar as obras da futura intermodal de Ourense.


En comunicado, Adif explicou que o proxecto, que supón un investimento estimado de 17 millóns de euros e ten un prazo de execución de 12 meses, céntrase nunha serie de actuacións en vías e plataformas, así como en traballos de electrificación e instalacións de seguridade e comunicacións.


O obxectivo destas obras é habilitar dúas vías (lado Zamora), en ancho estándar, que posibiliten a chegada da alta velocidade, ademais de liberar do uso ferroviario os terreos previstos para a construción no lado de Vigo (lado Oeste) dunha nova estación de autobuses que será financiada pola Xunta.


Está previsto que todas as actuacións se realicen mantendo o tráfico actual, tanto de viaxeiros como de mercadorías, de modo que as circulacións ferroviarias non se vexan afectadas, sinalou Adif.


ACORDO


A adaptación da estación ás novas necesidades de servizo responde o Convenio Marco de Colaboración asinado en 2016 entre Adif Alta Velocidade, a Xunta e o Concello de Ourense para o desenvolvemento dun futuro conxunto intermodal na cidade e a súa contorna urbana.


Este acordo estipula que Adif Alta Velocidade executará e financiará as obras de adaptación da estación de ferrocarril aos servizos de alta velocidade cun total de 140 millóns de euros. O proxecto complétase cos 10 millóns que a Xunta investirá no desenvolvemento da estación de autobuses e o aparcadoiro subterráneo.


relacionada A intermodal de Ourense inicia esta semana a súa tramitación urbanística
relacionada A construción da intermodal de Ourense xa ten datas "concretas"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE