A intermodal de Ourense inicia esta semana a súa tramitación urbanística

"Proximamente" presentarase á cidade o deseño da nova estación que estará preparada para o AVE.


|

Intermodalourense 1


O Ministerio de Fomento, a Xunta e o Concello de Ourense acordaron iniciar esta semana a tramitación urbanística conxunta da estación intermodal de Ourense, tras pechar en Madrid cuestións técnicas pendentes para que esta infraestrutura conte con amparo urbanístico e se poidan contratar as obras.


A reunión da comisión de seguimento para a integración do AVE en Ourense, entre o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño; a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, rematou co anuncio de que "proximamente" se presentará na cidade o deseño conxunto da estación intermodal.


O ALCALDE SINALA QUE É "CUESTIÓN DE DÍAS"


Nesta liña manifestouse o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que destacou que a tramitación conxunta e de urxencia ao amparo da Lei 3/2016 permitiu que "en cuestión de días" se inicie a tramitación urbanística da estación intermodal.


O alcalde explicou que nestes momentos o anteproxecto está redactado e foi entregado á Xunta para que traballe sobre el e que se está á espera de que o remita de novo ao Concello.


Vázquez considerou que "será un procedemento moi rápido", aínda que explicou que aínda están pendentes cuestións como expropiacións de terreos por parte da Xunta, nas que "o Concello terá que intervir no que é a tramitación".


"Cando teñamos toda a información procederemos a convocar a a comisión municipal de seguimento do AVE para presentarlles o proxecto de estación intermodal", dixo o alcalde.


O alcalde lembrou que tras ese informe a Xunta estará en condicións para dar os pasos para licitar a primeira parte da obra: a construción dun aparcadoiro subterráneo para 302 prazas, en dúas plantas e a construción da propia estación de autobuses.

relacionada A construción da intermodal de Ourense xa ten datas "concretas"
relacionada Un AVE directo entre Ourense e Vigo reduciría en 32 quilómetros o traxecto
relacionada Fomento confirma a chegada do AVE a Ourense en 2019

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE