A Mesa reforza a súa presenza na rúa pola campaña da ILP 'Sentido Común'

|

SentidocomunamesaRecta final para a recollida de firmas. Foto: A Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística reforzará a súa presenza na rúa no final da súa campaña de recollida de apoios para a Iniciativa Lexislativa Popular 'Sentido Común', que ten o obxectivo de promover a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.


A asociación dispoñerá máis de 10 postos en localidades de toda Galicia, e estarán o 5 de setembro en Vigo, o 6 en Tomiño e Ourense, o 7 en Ferrol e Lugo, o 8 en Santiago, A Coruña e Fisterra e o día 9 na Laracha.



Entre os puntos que defende esta ILP, recóllese o dereito á o atención en galego, a recibir información, avisos ou instrucións orais e escritas neste idioma, dispoñer de contratos e formularios ou o respecto á toponimia, entre outros.


relacionada A Mesa presenta un 'Black Mirror' á galega para concienciar sobre os dereitos lingüísticos
relacionada A Mesa leva a Lugo unha campaña para esixir ás empresas privadas atención en galego
relacionada Unha nena de 4º de primaria obtén menos nota nun exame por escribir 'Galiza'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress