galego

Desiré Pillado, actriz de dobraxe: "Traballamos cun convenio que ten dezaoito anos e que tampouco se cumpre"

O colectivo de actores e actrices de dobraxe en Galicia dixo "até aquí". A asociación Artistas da Dobraxe Asociados (ADA) reclama o cumprimento salarial do convenio para o sector, un convenio do ano 2006 que ademais de non ser renovado en case vinte anos, tampouco se cumpre no relativo a remuneracións. Tras corenta anos con experiencia en dobraxe, Galicia xa ten unha infraestrutura montada capaz de dar resposta ás demandas do audiovisual propio e doutras partes de España. 
 

A Mesa volve concentrarse na Toxa este xoves polo uso correcto do topónimo do illote

A protesta terá lugar este 28 de setembro no marco do inicio dunha nova edición do Foro La Toja. 

Case un de cada tres galegos menores de 20 ten "dificultades" para falat en galego, lamenta A Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Xunta a impulsar unha política lingüística que "garanta a presenza e posibilidade" do uso do galego en todos os espazos, "garantindo" o coñecemento do galego a través do sistema educativo.

 

 

Tradutor simultáneo se queres casar en galego no rexistro de Vigo, denuncia A Mesa

É dicir, que cando os contraentes digan "si, quero" haxa un tradutor simultáneo que lle traduza ao funcionario oficiante "si, quiero".

Convocan unha nova concentración no Grove pola deturpación da Toxa no ‘Foro La Toja’

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha manifestación para o próximo 29 de setembro na illa pontevedresa.

 

A Mesa acusa á Xunta de utilizar axudas europeas que fomentan o incremento do uso da lingua castelá

A asociación pola normalización lingúística lamenta que a Xunta acepte axudas para a adquisición de novidades editoriais e coleccións de bibliotecas con requisitos que promoven o castelán.  Aseguran que isto prexudica "gravemente" á lingua galega e o presidente da asociación, Marcos Maceira, lembra que é competencia do Goberno galego a de promover os valores culturais galegos segundo a propia convocatoria da axuda.  A convocatoria que lle permite mercar libros ás bibliotecas de entidades locais recolleu como requisito que o 50% do importe dos fondos europeos NextGeneraticónEU deben ter un fondo bibliográfico editado en castelán.  Arquivo: Libro / EuropapressA Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este luns 4 de xullo que a Xunta empregaba subvencións europeas aceptando uns requisitos que afectaban negativamente á lingua galega.  Así, trala resolución do DOG para a concesión destas axudas do 2022, o artigo 33 da publicación cita textualmente o seguinte: Como mínimo un 50 % do importe da subvención concedida destinarase á adquisición de fondo bibliográfico editado en castelán.

"Histórica" sentenza recoñece o dereito a que a Axencia Tributaria atenda en galego
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu o dereito dun cidadán para ser atendido en galego, como así o expresou anticipadamente, e declarou nulos os actos administrativos efectuados pola Axencia Tributaria en castelán, ordenando retrotraer as actuacións ao momento anterior á vulneración do seu dereito á elección lingüística.
"Nin os nenos nin os funcionarios poden falar español en Galicia", asegura Rocío Monasterio (Vox) (vídeo)


"Din vostedes que defenden aos españois e aos nenos, que poidan falar castelán en calquera sitio, pero logo en Galicia non poden falar en español, nin funcionarios nin os nenos". Con estas palabras cuestionou onte Rocío Mosteiro (Vox) a política do PP respecto a as linguas.

Chamarlle Foro La Toja e non Foro A Toxa é unha decisión comercial de Hotusa, xustifica a Xunta
A Consellería de Cultura enviou unha carta aos organizadores do evento lembrando que a denomiación oficial da illa é A Toxa e non A Toja
Siri non entende a Moraima porque fala galego nun vídeo que se volveu viral
Política Lingüística insiste na necesidade de ofrecer espazos de uso, especialmente nas novas tecnoloxías: "O galego ten que xogar esta partida"
​A Mesa entrega máis de 33.000 sinaturas no Parlamento de Galicia por unha nova canle 24 horas en galego

A iniciativa Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística logra un gran respaldo que se traduce en 33.000 firmas.

ZZ, Martín Códax e Grupo Cuevas son algúns dos premiados pola súa publicidade en galego

A mellor campaña publicitaria en radio foi 'H2ohhh!!!', unha produción de Ecovigo Publicidade, SL para Aqualia, por "asociar a lingua galega ao desenvolvemento sostible e aos valores positivos", así como pola súa "calidade lingüística e técnica".CAMPAÑAS ORIXINAIS E DE CALIDADE O grupo Cuevas e Neozink leváronse o premio a mellor campaña en Internet por 'Gústame ir ao súper', unha campaña da que o xurado destacou "a normalidade, a coherencia e o compromiso", así como o uso do galego "como garante de proximidade e proximidade".

Ditarlle galego ao móbil? A Xunta traballa en solucións pero estima 10 anos para acabar cos déficits
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, avanzou que a Xunta traballa nun "gran proxecto" para potenciar a incorporación do galego a dispositivos de control por voz.
A Mesa e máis entes a prol das linguas cooficiais piden no Congreso maior uso na Xustiza e outros ámbitos
Acoden ao Congreso para apoiar a iniciativa impulsada por Podemos e outros nove partidos e que recolle todas as súas reivindicacións
Estes son os case 40 libros que chegan á final dos Premios Follas Novas 2021 do Libro Galego
Ademais de narrativa, poesía e teatro, a organización recoñece aos mellores cómics, traducións e proxectos dixitais, entre outras
Canto gaña un en escritor galego? Menos de 1.000 euros ao ano, di un informe da AELG
Os ingresos medios por dereitos dun escritor galego non superan os 1.000 euros anuais, segundo un estudo elaborado por Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) entre 150 autores, que revela que só un 6% ten a actividade como única fonte de ingresos.
A Xunta valora prescindir do requisito do galego á hora de contratar persoal sanitario contra a COVID-19
Alegar síntomas covid xa non será escusa para presentarse máis tarde á oposición, pero si estar en corentena ou illamento por coronavirus
​A Mesa inicia este mércores a reconquista do galego entre os máis pequenos co regreso do Xabarín

A plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística presentará este mércores 30 de setembro a súa iniciativa popular para a creación dunha canle con programación orientada ao público infantil e xuvenil. 

​A Mesa e profesionais da educación propoñen un modelo para a normalización da lingua galega nas aulas

A Mesa pola Normalización Lingüística abandera esta proposta de forma conxunta con movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e organizacións sindicais.

O Goberno de Asturias anima a matricularse galego-asturiano, a variante do galego do occidente astur
As consellerías de Educación e de Cultura, Política Llingüística e Turismo puxeron en marcha a campaña #Apúntache, co fin de animar ao alumnado para matricularse nas materias de Lingua Asturiana e Literatura e Gallego-asturiano para o curso 2020-2021.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE