O Ciclo Gas Natural Fenosa de Cinema Itinerante recala este venres en Ribadeo

|

UltimosfilipinasFotograma de '1898. Os últimos de Filipinas'.


O Ciclo Gas Natural Fenosa de Cinema Itinerante Verán 2017 continúa a súa andaina este venres 25 de agosto coa proxección na localidade de Ribadeo de 1898. Los últimos de Filipinas.


A iniciativa, impulsada conxuntamente por Gas Natural Fenosa e a Academia de Cinema, recalará en Ribadeo coa asistencia do director da película, Salvador Calvo, que a presentará nun coloquio que complementará a proxección e permitirá aos cinéfilos ribadenses "descubrir as curiosidades e anécdotas da rodaxe", informa a organización.


O pase, que comezará ás 22,00 horas, será de acceso gratuíto ata completar aforo e terá lugar no Parque de San Francisco. Este pase conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, que é a novena parada do ciclo.


Nesta novena edición a iniciativa pasa por dez cidades, ás que levará as longametraxes que marcaron 2016 e os primeiros meses de 2017.


relacionada O OUFF especialízase en cinema iberoamericano e descentraliza a súa oferta
relacionada O proxecto Cinergía, premiado no Festival Iberoamericano da comunicación publicitaria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress