O OUFF especialízase en cinema iberoamericano e descentraliza a súa oferta

O Festival Internacional de Cinema de Ourense reorientese na súa XXII edición, aínda que seguirá incluíndo cinema galego.


|

OuffcartelO OUFF dá un xiro na súa XXII edición.


O Festival Internacional de Cinema de Ourense 'OUFF' realizará, na súa vixésimo segunda edición, un "cambio de orientación" para centrarse no cinema iberoamericano e "descentralizar" a oferta expandíndoa por diferentes puntos da provincia.


Este sábado tivo lugar a firma do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Ourense polo que o Goberno galego, a través de Agadic, colabora co evento a través dunha axuda de 35.000 euros.


O OUFF encara a súa XXII edición cunha aposta por reorientar o festival cara a unha "maior especialización" no cinema iberoamericano, polo que poñerá o foco na sétima arte de países como Arxentina, Chile, Colombia, Portugal, Brasil ou España.


Ademais, poderán presenciarse filmes aínda non estreados nos circuítos comerciais e ciclos centrados en actores, directores e cinematografías de prestixio internacional.


Así mesmo, o festival manterá o seu "compromiso" co cinema galego coa proxección de películas e a participación de figuras de referencia do audiovisual de Galicia en diferentes actividades.


Outra das novidades do OUFF 2017 será a intención de descentralizar a oferta do festival, que pretende "expandirse" por toda a provincia con proxeccións e actividades por diferentes puntos da provincia de Ourense.

relacionada Ourense, entre as provincias españolas con máis baixa concentración de salas de cinema
relacionada Decenas de nenos participan na primeira edición do ciclo de cinema 'Pequefilms'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE