Domingo, 20 de Agosto de 2017 17:11




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Dous ciclistas, feridos en accidentes na provincia de Pontevedra

|

AccidentebicicletaciclistaEn ambos os casos houbo coches polo medio.


Dous ciclistas resultaron feridos na mañá deste sábado en senllos accidentes de circulación rexistrados na provincia de Pontevedra.


Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o primeiro dos sucesos ocorreu sobre as 11,15 horas en Sanxenxo, onde un ciclista caeu da bicicleta no momento no que era adiantado por un turismo.


Os feitos tiveron lugar na estrada que une O Grove e Sanxenxo, fronte a praia da Lanzada. Ata a zona desprazáronse efectivos de Garda Civil, GES de Sanxenxo e Bombeiros de Ribadumia, así como persoal sanitario do 061 para atender a vítima.


Por outra banda, en Marín, un ciclista resultaba ferido ao ser arroiado por un coche na rotonda que se atopa enfronte da escola naval. Foi un particular quen deu a voz de alarma ao 112 ás 12,10 horas.

relacionada Fin de semana tráxico nas estradas con 14 mortos, cinco deles ciclistas
relacionada Os ciclistas piden que axentes camuflados castiguen os condutores imprudentes
relacionada A emotiva campaña de Interior para fomentar o respecto ás bicicletas na estrada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress