Os ciclistas piden que axentes camuflados castiguen os condutores imprudentes

"Queremos que as nosas familias non nos despidan cando saímos cun 'ten coidado', senón cun 'pásao ben, desfruta'", reivindican.


|

CiclistassantiagoConcentración no Obradoiro.


Centos de ciclistas concentráronse este domingo na Praza do Obradoiro de Santiago para reclamar a fin da súa "vulnerabilidade" nas estradas e que sexan considerados como "un usuario máis" das vías de circulación, así como para reivindicar a bicicleta como "medio social, deportivo e saudable".


Na mañá do domingo, centos de bicicletas chegaron ao Obradoiro para lembrar os falecidos nas estradas e chamar ás autoridades a reformar o Código penal e o Código de Circulación co obxectivo de poñer freo aos atropelos de ciclistas e que estes, cando se produzan, sexan castigados.


Os participantes na concentración, que tamén se viviu en moitos puntos da xeografía española, gardaron un minuto de silencio en memoria dos "compañeiros" falecidos nas estradas e, tras a lectura dun manifesto, realizaron unha ofrenda floral ante o Apóstolo.


"Queremos que as nosas familias non nos despidan cando saímos cun 'ten coidado', senón cun 'pásao ben, goza'", proclamaron antes da lectura do manifesto no que, entre outras reivindicacións, reclamaron a reforma do Código penal e que a "imprudencia, en calquera dos seus graos" sexa tipificada como delito.


Ademais, os ciclistas pediron a creación dunha brigada de "axentes ciclistas camuflados" para velar pola seguridade nas estradas, a intensificación dos controis de alcol e drogas e o reforzo das tarefas de control por parte do helicóptero 'Pegasus' da DXT.


Así mesmo, propuxeron que se reduza a velocidade durante as fins de semana naqueles tramos frecuentados por ciclistas, así como a elaboración de "campañas en positivo" de concienciación sobre o respecto entre usuarios das vías, a creación dunha materia de Seguridade Viaria na educación primaria e o impulso dun plan estratéxico para poñer fin aos atropelos.

relacionada A emotiva campaña de Interior para fomentar o respecto ás bicicletas na estrada
relacionada Falece un ciclista atropelado en Poio que quedou atrapado debaixo do coche

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE