Fernández Gayoso empeza a colaborar con Érguete tras saír de prisión

|

Fernandezgayoso2


O ex presidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso, iniciou na mañá deste xoves a súa colaboración coa Fundación Érguete-Integración, onde realizou unha primeira "toma de contacto", saudando os traballadores e coñecendo as distintas tarefas que realiza a entidade.


En declaracións a Europa Press, a presidenta da Fundación Érguete, Carmen Avendaño, explicou que Fernández Gayoso ás nove menos dez, minutos antes da hora que tiña fixada, para iniciar unha colaboración que se manterá de luns a venres, en horario de nove a unha da tarde.


Fernández Gayoso saíu da prisión da Lama o pasado xoves o 4 de agosto tras a providencia da Audiencia Nacional que decretou a súa posta en liberdade para colaborar coa Fundación.


Carmen Avendaño asegurou que o primeiro día de Fernández Gayoso na entidade foi "moi ben". "Dixémoslle a colaboración que esperabamos del, presenteille os compañeiros, tivo unha reunión cos traballadores e explicámoslle os programas que temos", explicou, "foi unha primeira toma de contacto".


Fernández Gayoso non puido permanecer durante toda a mañá na Fundación debido a que se tivo que ausentar para acudir a unha cita médica, segundo relatou Avendaño. Con todo, está previsto que mañá venres se incorpore no horario fixado.


Carmen Avendaño explicou que "fisicamente non está moi ben, pero si mentalmente", polo que quizais a súa colaboración se enfoque a temas vinculados "aos seus propios coñecementos, accedendo a computadores para revisar convocatorias ou axudar en escritos", ademais dos xa sinalados previamente de servir almorzos -aténdense ao día a entre 60 ou 70 persoas en risco de exclusión- ou prestar axuda no roupeiro e lavandería.


Neste sentido, Fernández Gayoso realizará tarefas similares ás que realizaron todos os participantes do programa de reinserción de presos, que leva activo desde hai 32 anos. A Fundación colabora con asociacións e en formación laboral, con presos que están en exclusión, en terceiro grao ou case ao termo da súa condena. Na actualidade, a entidade conta con preto de 100 traballadores, dos que 57 atenden a persoas maiores que viven soas.


INFORME PERIÓDICO


Fernández Gasoyo foi condenado a dous anos de prisión xunto con outros directivos polas indemnizacións que se concederon a si mesmos antes de abandonar a entidade e que alcanzaron os 22 millóns de euros, pero saíu do cárcere tras algo máis de medio ano recluído -entrou o 16 de xaneiro- debido á medida adoptada polo xuíz de Vixilancia Penal, José Luis Castro.


O ex presidente de Novacaixagalicia contará cun elemento de control telemático e cada 15 días o centro elaborará un pequeno informe sobre a evolución dos seus labores, que "adoita ser conciso se non hai incidencias".

relacionada Fernández Gayoso abandona a prisión da Lama
relacionada Fernández Gayoso queda en liberdade tras cumprir unha cuarta parte da súa condena

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress