Venres, 18 de Agosto de 2017 23:51




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Fernández Gayoso abandona a prisión da Lama

|

FernandezgayosoGayoso cumpriu menos de sete meses de condena.

Julio Fernández Gayoso saíu esta mañá da prisión pontevedresa da Lama, onde cumpría condena desde o pasado 15 de xaneiro.


O ex presidente de Novacaixagalicia foi condenado no mes de xaneiro a dous anos de cárcere por un delito de apropiación indebida, durante a súa xestión á fronte da entidade financeira rescatada.


A súa posta en liberdade está condicionada a que Gayoso faga traballos para a Fundación Érguete, tal e como dita o auto do xuíz da Audiencia Nacional que lle concede a liberdade.


A decisión tomouna a final do mes de xullo, pero o ex banqueiro tivo que esperar ata esta mañá para poder saír.

relacionada Fernández Gayoso queda en liberdade tras cumprir unha cuarta parte da súa condena
relacionada Fernández Gayoso pide o terceiro grao tras pasar seis meses no cárcere
relacionada Rexeitan o excarceramento a dous exdirectivos de Novacaixagalicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress