Fernández Gayoso queda en liberdade tras cumprir unha cuarta parte da súa condena

O xuíz da Audiencia Nacional autoriza a súa saída da prisión de A Lama pola súa idade, a saúde e a disposición para facer voluntariado.


|

GayosocaixaFernández Gayoso foi condenado a dous anos de cárcere.


O xuíz de Vixilancia Penal da Audiencia Nacional, José Luis Castro, acordou poñer en liberdade o ex presidente de Novacaixagalicia Xullo Fernández Gayoso, coa obrigación de colaborar de forma altruísta e sen contraprestación económica coa Fundación Asociación Érguete Integración


O ex directivo cumpre unha condena de dous anos de prisión por un delito de apropiación indebida no cárcere de A Lama. O 16 de xullo completou unha cuarta parte da pena.


No seu auto, o xuíz autoriza a súa posta en liberdade sempre que "o interno realice as citadas actividades de voluntariado ás que se comprometeu e en atención á súa idade, 85 anos, e ao seu delicado estado de saúde". Así, deixa en mans da Administración Penal o mecanismo que estime suficiente para o control do ex directivo de Novacaixagalicia.


"Xunto co pago da responsabilidade civil poderá dar cumprimento á finalidade restaurativa da pena", sinala o auto, para incidir en que "a través dos labores de asistencia a persoas desfavorecidas poderá, en certa medida, resarcir a sociedade do dano causado coa súa acción delituosa".


As súas funcións consistirán en estudar e preparar documentación para a posible obtención de subvencións, así como prestar axuda no ámbito contable.


José Luis de Castro tamén valorou o feito de que a responsabilidade civil, á que foi condenado de forma solidaria xunto a outros ex directivos de Novacaixagalicia, estea xa abonada. Neste sentido, afirma no seu auto, que Fernández Gayoso non puxo obstáculo algún en cubrir a dita responsabilidade, máis ben o contrario, a súa conduta en todo momento e especialmente durante a executoria estivo dirixido a facilitar que se fixese efectivo o pago da ita responsabilidade.


Fernández Gayoso poderá non pasar a noite en prisión sempre que o interno acepte de modo voluntario o control mediante dispositivos telemáticos.


O ex banqueiro aínda non saíu do centro penal, feito que se pode demorar uns días.

relacionada Fernández Gayoso pide o terceiro grao tras pasar seis meses no cárcere

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE