Luns, 21 de Agosto de 2017 06:43




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

O día que empezou o incendio de Verín houbo outros 20 en Galicia

|

BomberosforestalesextincionincendioA conselleira revela cifras que normalmente oculta.


Durante o verán, os incendios forestais son unha constante na actualidade informativa, pero case nunca chegan a transcender todos cantos se producen.


E é que a Consellería do Medio Rural, desde 2010, o segundo verán que Feijóo estivo á fronte do Executivo, só informa daqueles lumes que superan as 20 hectáreas de extensión.


Con todo, a conselleira Ángeles Vázquez deu a cifra dos incendios que houbo o día 3 en toda Galicia, o mesmo día que empezou o de Verín, o máis grande do ano e que leva calcinadas máis de 1.300 hectáreas.


Ante as críticas ao dispositivo de extinción, a conselleira defende que o seu funcionamento foi "exemplar" e que en vinte minutos "había cinco medios aéreos actuando contra o lume". Recoñece que o vento e as condicións da zona impediron aos brigadistas frear o seu avance desde a terra cando chegaron aos oito minutos do aviso.


Así mesmo, sinalou que no día 3 de agosto se produciron ata 21 incendios en Galicia, 11 deles en Ourense. Unha revelación pouco habitual.


En canto aos lumes activos, a última hora da tarde deste sábado, o incendio de Verín seguía estabilizado. Mentres, o do concello lugués de Pantón, que empezou o venres, si puido ser controlado, afectando a unhas 250 hectáreas.

relacionada Sinalan a dous sospeitosos como autores do gran incendio de Verín
relacionada "Xa non hai chamas" no incendio que arrasou máis de 1.360 hectáreas en Verín

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress