Sinalan a dous sospeitosos como autores do gran incendio de Verín

|

Incendioverin 1


Continúa aberta a investigación para esclarecer a autoría e a orixe do gran incendio que afecta os municipios ourensáns de Verín e Vilardevós e cuxa superficie arrasada se mantén nas 1.360 hectáreas.


Segundo apuntan varios medios, xa foron identificadas dúas persoas como posibles sospeitosos, e investígase se teñen relación co incendio máis grande deste ano en Galicia.


E é que poucas dúbidas hai de que o lume fose intencionado. En rolda de prensa en Santiago, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, apuntou este venres que "todo indica" a iso, nunha zona na que "non era a primeira vez que había un foco".


Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, nestes momentos segue desactivado o nivel dous de alerta na parroquia de Vilamaior de Verín xa que non hai perigo para os núcleos de poboación da zona afectada.

relacionada "Xa non hai chamas" no incendio que arrasou máis de 1.360 hectáreas en Verín
relacionada Oito parroquias galegas acumulan máis de 600 incendios forestais no último lustro
relacionada Os incendios intencionados supoñen xa o 85% en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress