Sábado, 19 de Agosto de 2017 00:05




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Piden a ilegalización da Fundación Franco pola "apoloxía do franquismo"

|

FrancocaballoestatuaPiden á Xustiza "que corrixan esta anormalidade".

A Comisión de Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) pediu ao Goberno central a "ilegalización" da Fundación Francisco Franco para "frear" o que considera unha "continua e impune apoloxía do franquismo".


Nun comunicado, a Comisión pide "normalidade democrática na liña do que fixo a Deputación da Coruña" anunciando, este martes, que "valoraría a posibilidade de denunciar a Fundación pola apoloxía do franquismo", e instando á Xunta de Galicia a que realice "unha comunicación nesa mesma liña".


"Nós suxerimos, a quen corresponda, á Fiscalía ou aos xuíces, que corrixan esta anormalidade e revisen as actividades desta fundación e que atendan ás súas manifestacións, que nos parecen moi próximas ao tipificado como delito de odio", engade a Comisión.


A Comisión reclama ao Goberno central que "interveña", ilegalizando a Fundación, en base á Lei de Fundacións ou aos delitos de odio tipificados no Código penal. Mesmo remarca que, aínda que "non haxa leis que permitan actuar contra quen fai apoloxía do terror, utiliza o negacionismo para fomentar valores e prácticas antidemocráticas e despreza a memoria das vítimas do franquismo", se asuma "como urxente esta tarefa de dotar a un Estado democrático dunhas normas que protexan o seu carácter".


Este mércores o BNG deu pasos nesta dirección, por iniciativa da eurodeputada Ana Miranda, que insta o Parlamento Europeo a "mollarse" contra o franquismo, tal e como contou no seu Twitter e como o partido informou nun comunicado.



Miranda denuncia que durante unha década a Fundación Franco recibiu fondos públicos do Estado, pese ser unha Fundación que defende valores antidemocráticos e unha ditadura que "provocou asasinatos e sufrimento", polo que reclama "recuperar a memoria das vítimas" a través dunha Lei galega de memoria histórica que "prohiba, persiga e sancione actos de exaltación do franquismo".


A iniciativa do Bloque reclama ao goberno da Unión Europea que actúe ante o Estado español para esixir a prohibición da apoloxía da ditadura franquista por parte da Fundación Franco. A portavoz nacionalista afirma que Europa non pode permitir fundacións que enxalcen valores e figuras do fascismo polo que reclama unha "condena rotunda" á Fundación Franco.  

relacionada A Deputación da Coruña denunciará se hai "apoloxía franquista" en Meirás
relacionada A Fundación Francisco Franco presume de difundir desde Meirás a "grandeza" do ditador

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress