A Deputación da Coruña denunciará se hai "apoloxía franquista" en Meirás

|

PazomeirasfachadaFachada do Pazo de Meirás. Foto: Loischantada

A Deputación da Coruña denunciará a Fundación Francisco Franco en caso de constatar que fai "apoloxía do franquismo" no Pazo de Meirás, con motivo da súa apertura ás visitas este martes e mércores, segundo manifestou a vicepresidenta provincial, Goretti Sanmartín.


Coincidindo coa súa asistencia á inauguración da Feira do Libro da Coruña, Sanmartín respondeu ao comunicado da Fundación Francisco Franco no que aseguraba que a xestión destas visitas era unha oportunidade para mostrar "a grandeza" da figura de Francisco Franco, á vez que destacaba o apoio da Deputación da Coruña no seu momento para que o Pazo de Meirás fose propiedade da familia Franco.


Respecto diso, a vicepresidenta provincial indicou que o organismo provincial retirou o ano pasado as distincións concedidas ao ditador, á vez que aproveitou para facer unha defensa da necesidade de recuperar a memoria das vítimas do franquismo "aínda silenciadas".


Así, apelou á Lei da Memoria Histórica para reclamar que se impida que a Fundación Francisco Franco poida eloxiar a figura do ditador. "Un feito así non ocurrre en ningún país que puxera fin a unha ditadura coma a que aquí se viviu", recalcou.


Por todo iso, reivindicou a necesidade de recuperar a memoria histórica, á vez que avanzou o compromiso do organismo provincial de presentar unha denuncia se a Fundación incumpre a citada Lei facendo "apoloxía do franquismo" nas visitas ao Pazo de Meirás.

relacionada A Fundación Francisco Franco presume de difundir desde Meirás a "grandeza" do ditador
relacionada A Fundación Francisco Franco faise coa xestión das visitas a Meirás
relacionada Sada impulsa a petición de que o concello xestione as visitas a Meirás

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress