Case 300 hectáreas devoradas polo lume esta fin de semana en Ourense

|

DescargahelicopteroincendioControlados ou extinguidos os incendios máis grandes. Foto: @BrifLaza

Os tres incendios forestais que nas últimas xornadas afectaron á provincia de Ourense, declarados no municipio de Vilamartín de Valdeorras e outros dous no de Monterrei, permanecen controlados ou extinguidos, despois de calcinar máis de 280 hectáreas, segundo a información da Consellería do Medio Rural.


Así, ás 21,23 horas da pasada noite deuse por controlado o lume rexistrado no concello de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de Valencia do Sil.


Este lume iniciouse o sábado ás 23,22 horas e segundo as últimas estimacións afectou a unhas 46 hectáreas, 6 delas de monte arborizado e o resto de raso. Nos labores de control traballan un técnico, 17 axentes, 27 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e un avión.


Pola súa banda, continúa controlado, desde as 22,30 horas do sábado, o incendio declarado no municipio de Monterrei, parroquia de Flariz, que segundo as últimas estimacións queimou unha superficie de 172 hectáreas. No seu control traballan un técnico, 15 axentes, 40 brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 11 helicópteros e 4 avións.


Tamén en Monterrei, quedou extinguido desde as 20,24 horas da pasada tarde o incendio rexistrado na parroquia de Infesta, que afectou a 62,93 hectáreas, das cales 3 eran de arboledo e o resto de raso.


Neste incendio, que se iniciou o venres ás 17,30 horas, traballaron un técnico, 12 axentes, 40 brigadas, 18 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 6 avións.

relacionada Expertos en monte veciñal pintan un escenario futuro "dramático" polos incendios
relacionada Máis de 220 hectáreas ardidas e casas ameazadas por dous incendios forestais en Monterrei

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress