Valdeorras e a zona do Miño superan hoxe os 36 graos

|

Calorsol


A masa de aire cálido procedente do sur peninsular manterá este venres activado o aviso amarelo por temperaturas superiores aos 36 graos centígrados na comarca de Valdeorras e na zona do Miño na provincia de Ourense e Pontevedra.


Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, o aumento das temperaturas está motivado polas altas presións centradas no Atlántico e a entrada dunha masa de aire cálido procedente do sur peninsular.


Deste xeito, entre as 15,00 e as 21,00 horas deste venres o aviso será amarelo na zona de Valdeorras, e na área do Miño en Ourense e Pontevedra.


Ademais, o vento do nordés con intervalos de forza sete manterán a partir das 12,00 horas o aviso amarelo na Costa da Morte e no noroeste do litoral coruñés por vento no mar.

relacionada A onda de calor amaina e as temperaturas suavízanse este xoves
relacionada Galicia, en prealearta por onda de calor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress