A onda de calor amaina e as temperaturas suavízanse este xoves

A parroquia de As Petarelas, en Rubiás (Ourense), rexistrou onte a temperatura máxima de Galicia, con 38,6 graos


|

Meteogaliciatiempo


// Meteogalicia


A onda de calor amainará na xornada deste xoves, coa entrada dunha masa de aire de orixe atlántica que se encargará de suavizar as temperaturas en Galicia e achegará moita humidade, especialmente na franxa costeira. Este feito motivará que as temperaturas descendan de forma lixeira ou moderada.


REXISTRO MÁXIMO NAS PETARELAS


Este mércores, o primeiro día do verán oficial, deixou rexistros moi altos en varios puntos da xeografía galega, especialmente na provincia de Ourense. Concretamente, a parroquia das Petarelas, no municipio ourensán de Rubiás, rexistraba este mércores a temperatura máxima de Galicia, ao alcanzar os 38,6 graos, segundo os datos recollidos por Meteogalicia.


Outras zonas nas que tamén se rexistraron valores similares foron A Portela de Vilamartín de Valdeorras, con 38,3 graos; ou Verín, onde se chegou aos 37,9.


Pola súa banda, a Consellería de Sanidade informou de que os hospitais galegos non recibiron este mércores ningunha incidencia grave relacionada co episodio de altas temperaturas que vive Galicia desde o pasado sábado.

relacionada A Xunta activa un plan para facer fronte ás ondas de calor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE