Miles de persoas protestan contra a "especulación" no porto herculino

O goberno local vese reforzado para negociar "a titularidade e as xestións públicas da fachada atlántica".


|

Puertocorunamanifestacion


Ao redor de 4.000 persoas, segundo as estimacións da Policía Local, participaron este domingo nunha manifestación polas rúas da Coruña contra a "especulación" nos terreos do porto herculino convocada pola 'Comisión Aberta en Defensa do Común'.


Na marcha, que finalizou fronte a Autoridade Portuaria da Coruña, estivo presente o rexedor coruñés, Xulio Ferreiro, acompañado por varios membros do seu grupo de goberno, así como polos deputados de En Marea no Congreso --Antón Gómez-Reino e Miguel Anxo Fernán Vello-- e no Parlamento galego --Antón Sánchez e Luca Chao--. A manifestación tamén contou con representantes do BNG e o PSdeG.





"É un día importante para os e as coruñesas, para demostrar cal é a nosa postura sobre a incorporación dos terreos portuarios á cidade, que entendemos que debe basearse no interese da veciñanza, e por tanto asegurar tanto a titularidade como a xestión públicas deste terreo lonxe de tensións especulativas", indicou Ferreiro, segundo recolle un comunicado do Concello da Coruña.


Así, Ferreiro destacou a importancia da manifestación deste domingo porque achega "ferramentas" ao goberno local á hora de afrontar as "negociacións" coas institucións para "garantir a titularidade e as xestións públicas da fachada atlántica" do porto.


Puertocorunamanicartel


"CONTESTACIÓN CIDADÁ"


"Se no seu momento non houbese unha forte contestación cidadá, os terreos da Solana xa estarían vendidos a estas alturas", expresou, para logo engadir que "o ideal" sería conseguir "unha cesión gratuíta" deste espazo, aínda que matizou que existen "moitos máis factores e intereses" que "conflúen neste proceso" como os da propia Autoridade Portuaria.


"Queremos unha solución e fórmula global para todos os terreos que se vaian desafectando e entendemos que o primordial é manter a súa xestión e titularidade públicas", apostilou Xulio Ferreiro.

relacionada Ferreiro propón un 'distrito do mar' e un museo na fachada marítima coruñesa
relacionada Dúas mortes nun mes fan saltar as alarmas de seguridade da Mariña coruñesa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE