A RAG anima a participación escolar na celebración das Letras

|

PrimaveraletrasO concurso enmárcase dentro de 'Primavera das Letras'.


O proxecto web da Real Academia Galega (RAG) 'Primavera das Letras' puxo en marcha o certame 'Contádenos o voso Día das Letras', "un novo espazo de participación aberto a todos os centros escolares de Galicia de infantil e primaria", segundo informa a institución académica.


As iniciativas que concursen serán compartidas en primaveradasletras.gal, onde xa están dispoñibles en aberto 17 actividades interactivas, fichas didácticas e fichas para colorear sobre a vida e a obra de Carlos Casares.


Cada centro poderá participar co proxecto ou proxectos que desexe, tanto con aqueles que poidan implicar o conxunto da comunidade escolar como con outros por aula, curso ou etapa escolar.


Este proxecto web naceu en 2016 co obxectivo de buscar un enfoque interdisciplinario que permita traballar tanto nos aspectos lingüísticos e literarios e tamén en competencias de coñecemento do medio natural e social, historia ou educación artística.

relacionada Carlos Casares, unha traxectoria marcada pola vocación de gañar lectores para o galego
relacionada Queremos Galego anuncia unha "gran manifestación de unidade" o Día das Letras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress