Balaídos recibirá o Manchester United sen un asento libre

|

TaquillasbalaidosA afección envórcase nesta recta final. // Foto: RC Celta.


Balaídos asegúrase o mellor dos ambientes celtistas para o histórico partido de Europa League ante o Manchester United, o vindeiro xoves. Os despachos de billetes do estadio colgaron hoxe mesmo o cartel de 'esgotado' para todas as bancadas, incluída Fondo, tal e como informa o club a través da súa web.


O club lembra aos abonados con 'Abono Básico' (Liga+Copa) que as súas butacas permanecerán bloqueadas ata este sábado 29 de marzo incluído, último día para que adquiran a súa entrada.


Pero, antes, esta noite os vigueses visitan o Sevilla, contra o que medirán se manteñen as opcións de chegar a postos europeos tras a derrota contra o Betis da fin de semana.

relacionada Mouriño non se obsesiona con reter a Berizzo nin a ningún xogador
relacionada Berizzo: "Espérannos partidos difíciles contra rivais moi duros"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress