Mouriño non se obsesiona con reter a Berizzo nin a ningún xogador

|

Carlosmourinhocelta


Carlos Mouriño manifesta o seu desexo de acordar a renovación de Berizzo para que siga á fronte do banco celeste, pero marca distancias no tema económico. "Por ninguén imos poñer en risco o noso proxecto futuro, nin por Berizzo nin por ningún xogador", declarou o mandatario celtista na TVG.


O máis inmediato agora para o Celta é o ámbito deportivo, as competicións nas que están inmersos os equipos. O presidente revelou as súas propias prioridades, que non coinciden coas da torcida: "o campionato europeo sería para a afección un logro importantísimo e tremendo, pero como proxecto de club eu prefiro que suba o Celta B".


Tamén se referiu ao tema do estadio, sobre o que ratificou a súa postura de construír un novo. O lugar mellor situado para iso é Mos, aínda que recoñeceu que "tamén estamos a mirar terreos no Porriño, Cangas, Redondela...". Calculou que entre estadio e cidade deportiva supoñerían un investimento duns 50 millóns para o primeiro e de 12 ata 20 para a segunda.


En canto a prazos, o presidente dá de marxe catro ou cinco anos para poder abandonar as instalacións municipais, aínda que remarcou que "non comprometo datas". Mouriño quixo insistir en que "nunca nos iremos de Vigo, a sede está no corazón da cidade, o aeroporto ninguén di que é de Mos. A alguén lle interesa ir nesa liña de debate. Faremos moitas cousas por Vigo. Só cambiaremos o sitio de xogo". 

relacionada A resaca europea cústalle ao Celta a derrota contra o Betis
relacionada O Celta xogará ante o Manchester United
relacionada O Celta chega ás primeiras semifinais europeas da súa historia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress