Yolanda Díaz anuncia que deixará a coordinación de Esquerda Unida en xuño

Admite que o últimos catro anos á fronte da organización foron "moi intensos" e asegura que non se trata dun paso atrás senón ao carón.


|

Yolandadiaz 1


A deputada de En Marea Yolanda Díaz non se presentará á reelección para dirixir o partido o próximo mes de xuño, segundo avanzou este martes nunha entrevista na Radio Galega.


Díaz afirmou que o últimos catro anos "foron moi intensos" e asegurou que non se trata dun paso "atrás", senón dun paso "ao carón".


En materia de política estatal, criticou os orzamentos xerais e rexeitou a posibilidade de que En Marea negociase de forma autónoma o seu apoio a cambio dunha maior partida para Galicia.


"Os votantes de En Marea non entenderían o apoio aos orzamentos dos recortes", advertiu. Ademais, sobre se cre que o Executivo cumprirá os seus compromisos co AVE a Galicia, preferiu "non prexulgar", pero falou dunha experiencia ata agora "moi mala".


En canto a corrupción, opinou que Rajoy representa "o peor do establishment e unha forma de corrupción masiva". Sobre a dimisión de Esperanza Aguirre, avisou que "non se trata de pezas que saen salpicadas". "O que está en xogo é a propia forma de Goberno", incidiu.


No que respecta a conflitos internos de En Marea, valorou que a falta de inclusión "resta" e "non suma". Con todo, apuntou que o partido instrumental está aínda "nun proceso de experimentación" con marxe de mellora.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE