Yolanda Díaz

Feijóo ve un Sánchez que "traballa para" Pontón porque "prefire aniquilar" ao PSOE antes que un goberno do PP

O presidente nacional  do PP asegura que o PSdeG-PSOE vai traizoar "" aos seus, porque "a maioría" dos votantes socialistas "non queren que goberne unha nacionalista" na Xunta
 

Marta Lois (Sumar): "Hai dúas opcións: ou a Galicia en branco e negro de Feijóo ou a Galicia que vén con Yolanda Díaz'"

Marta Lois, candidata de Sumar, protagoniza a segunda dunha serie de entrevistas de Galiciapress a cabezas de lista das principais forzas políticas de camiño ás eleccións xerais do 23 de xullo e que arrincou o pasado martes coa entrevista a Néstor Rego, do BNG

 

Os reproches de Pablo Iglesias minguan as opcións dunha gran coalición da esquerda para os xenerais

O exvicepresidente segundo e antigo líder e fundador de Unidas Podemos segue deixando titulares incómodos para os partidos á esquerda do PSOE que buscan integrar nunha lista única para as próximas eleccións xerais que se celebrarán o 23 de xullo. O adianto electoral obriga ás forzas a negociar con axilidade. 

Monedero apoia a candidatura alterativa de Podemos Galicia, 'Rexurdir': "Non é momento de seguir co que non funciona"

O fundador da formación azamboada ha instado a Yolanda Díaz a deixar claras as súas intencións

Gonzalo Busqué (Rexurdir Podemos Galicia): "Non é certo que existan 65 círculos activos"

Galiciapress conversa cos dous candidatos a ser coordinador de Podemos Galicia nas eleccións internas actualmente en marcha. Aquí a entrevista con Gonzalo Busqué Lorenzo, cabeza de cartel da candidatura Rexurdir, que é considerada a crítica porque cuestiona o labor de Antón Gómez-Reino, o deputado que é o actual líder morado en Galicia. A outra entrevista, con Borja San Ramón da lista oficialista de Rexurdir Podemos Galicia, pode ler aquí.

 

Borja San Ramón (Tecer Podemos Galicia): "Yolanda Díaz presidenta e Belarra e Irene Montero vicepresidentas"

Galiciapress entrevista aos dous candidatos a liderar Podemos Galicia nas primarias actualmente en marcha. Aquí a entrevista con Borja San Ramón, número 1 da candidatura Tecer, que é tachada de continuista porque integra a Antón Gómez Reino, o deputado que é o actual líder morado en Galicia. A outra entrevista, con Gonzalo Busque da lista crítica de Rexurdir Podemos Galicia, pode ler aquí. 

Sánchez remonta o "efecto Feijóo" e o PSOE recobra vantaxe na estimación de voto, segundo o CIS

O Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de outubro outorga unha estimación do voto do 0,6% ao BNG ante unhas eleccións xerais. A formación nacionalista sobe neste apartado unha décima en relación ao 0,5% que lle daba o Barómetro de setembro, aínda que o habitual é que se sitúe nesa pinza do 0,5% ou 0,6%.

 

 

 

Yolanda Díaz afirma que volverá a subir de novo o salario mínimo pola inflación "absolutamente desbocada"

Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, afirmou que "ante unha inflación absolutamente desbocada, imposible para a maioría social, máis que nunca hai que subir o salario mínimo".

Yolanda Díaz é a nova aposta polo espazo do descafeinado

A aposta de Pedro Sánchez, do PSOE, da patronal, dos medios de comunicación, e das elites sindicais vendidas de CCOO e UXT por Yolanda Díaz ten unha razón. Yolanda Díaz é a liquidadora do que puidera quedar de esquerda organizada no Estado español, é a encargada de construír outro novo espazo que acabe de diluír á esquerda na nada da inconsistencia.A dereita mediática móstrase preocupada polo dano que lle esta facendo a esquerda ao non pechar filas ao redor de Yolanda Díaz.

Diaz, Belarra e Montero, tres mulleres e un só destino

A loita interna de Irene Montero e Ione Belarra contra Yolanda Díaz fai xa uns cuantos meses que empezou

Obxectivo: vendernos a reforma laboral como un éxito para todos

Na "nova" reforma laboral hai avances, pero unha derrogación da reforma non é, como tampouco é o que nos venderon que sería. E pódese vender cun lacito azul pero segue sendo o que é, unha modificación sobre a reforma imposta pola patronal no seu momento, que xa veremos ata que punto concreta os avances, para iso haberá que ler o texto completo e ver como se pon en práctica, pero o que sabemos ata o de agora é claramente insuficiente. Do que se dixo que se ía a facer, ao que se fixo hai unha gran diferenza, e non en temas sen importancia.

Yolanda Díaz, o Papa Francisco e Rosalía de Castro

Non hai mellor campaña electoral que realizar unha visita á súa Santidade o Papa Francisco cando quen utiliza esa carta é unha persoa que, tragándose a súa ideoloxía, aparenta o que non é e ademais enmascárao como unha visita “privada”, utilizando o avión oficial e facéndose acompañar por persoas de confianza do seu ministerio.

Reunión de Yolanda Díaz co Papa, cuxa presencia no Parlamento Europeo criticou no seu día

A política ferrolá cuestionou no seu día,  cando non tiña responsabilidades de goberno, que o prelado falase ante os reprentantes da cidadanía europea. Chamouno aberrante e agora, sendo vicepresidenta de España pero sen competencias en política exterior ou materia relixiosa, acudirá ao Vaticano.

​Yolanda Díaz celebra que se reformule a ampliación do Prat polo seu impacto sobre o “espazo natural da Ricarda”

“Estou segura de que con diálogo e colaboración lograremos avanzar en propostas de futuro, que aposten pola mobilidade sostible”, afirmou Díaz.Yolanda Díaz | Foto: EP Díaz tamén anunciou que hoxe visitará xunto á alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, e o alcalde do Prat, Lluís Mijoler, o espazo da Ricarda.

O de Pablo Iglesias, é un adeus ou un ata logo?

Pablo Iglesias (EP)Dicía o escritor de ficción Brock Thoene que “sempre é máis difícil que che deixen atrás que ser o que se vai”.

Yolanda Díaz vicepresidenta do Goberno e probable cabeza electoral de Unidas Podemos

A ferrolá non só asume o liderado de Unidas Podemos, tamén se converte na vicepresidenta segunda do Goberno de España, tras a marcha de Pablo Iglesias á política madrileña.

Ten Yolanda Díaz opcións de converterse na líder estatal de Unidas Podemos?

A ministra galega é a terceira mellor valorada polos españois. A ex-dirixente de Esquerda Unida e militante do PCE é a preferida polos españois entre todos os membros da coalición que lidera Pablo Iglesias. Ademais, logrou forxar consensos entre sindicatos e empresarios antes e despois da chegada do coronavirus.

A ministra de Traballo Yolanda Díaz descarta asumir cargo algún en Podemos tras deixar Esquerda Unida


Yolanda Díaz non ten ningunha intención de liderar Podemos Galicia nin de asumir responsabilidades na vida interna do partido morado. Así llo acaban de deixar claro portavoces da ministra de Traballo a Galiciapress esta mañá.

O teletraballo debe ser unha solución ou un avance, non "unha forma de abaratar custos", defende a ministra Yolanda Díaz
A Ministra de Traballo mostrou a súa satisfacción tras a primeira reunión celebrada coa patronal e sindicatos
Yolanda Díaz pide a Feijóo que "exerza as súas competencias" cos empregos de Alcoa, un terreo onde o Estado "carece de competencias"
A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, pediu este luns ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "exerza as súas competencias", tanto as de industria que figuran no Estatuto de Autonomía como en materia de tramitación do expediente regulador de emprego (ERE) presentado por Alcoa para a planta de aluminio de San Cibrao, en Cervo (Lugo).

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE