A pensión media en Galicia sitúase en 775 euros

A Seguridade Social destinou no mes de abril a cifra récord de 8.709 millóns de euros ao pago das pensións contributivas.


|

Pensiongaliciajubilacion


A pensión media en Galicia subiu un 2% en abril en relación co mesmo mes do ano anterior, ata 774,99 euros, o que representa un 84,4% sobre a contía media estatal (917,71 euros), segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


Na comunidade galega, o número de pensións ascendeu un 0,5% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata alcanzar as 757.579, cifra que supón un 8% do conxunto do Estado.


Por provincias, a contía media das pensións en Galicia supera os 800 euros na Coruña e Pontevedra (816,99 e 815,85 euros, respectivamente), pero queda por baixo dos 700 en Lugo e Ourense (687,16 e 667,46 euros, respectivamente).


Desta forma, por provincias, os incrementos en variación anual foron do 2,1% en Lugo, do 1,9% en Pontevedra e A Coruña e do 1,8% en Ourense. A distribución do conxunto das pensións é a seguinte: 293.669 na Coruña, 237.460 en Pontevedra, 117.524 en Lugo e 108.926 en Ourense.


POR TIPOS


A pensión media por xubilación en Galicia foi de 881,67 euros en abril, fronte aos 1.060,09 euros da media, e percibíronas 470.367 persoas (181.575 na Coruña, 146.436 en Pontevedra, 73.856 en Lugo e 68.500 en Ourense).


Mentres, por viuvez, a pensión media galega foi de 546,80 euros, para un total de 187.331 beneficiarios (74.086 na Coruña, 57.961 en Pontevedra, 29.290 en Lugo e 25.994 en Ourense).


La pensión media por incapacidade permanente, que recibiron 69.691 galegos (26.009 en A Coruña, 22.866 en Pontevedra, 10.426 en Lugo e 10.390 en Ourense), foi de 833,43 euros.


Pola súa banda, as pensións por orfandade tiveron un valor de media de 371,79 euros (24.020 galegos téñenas declaradas) e a favor de familiares a pensión chega a 480,57 euros (6.170 perceptores).


MÁIS DE 8.700 MILLÓNS


A nivel nacional, a Seguridade Social destinou neste mes de abril a cifra récord de 8.709 millóns de euros ao pago das pensións contributivas, un 3,1% máis que no mesmo mes de 2016.


O gasto global do conxunto de pensións chegou a superar o 8% interanual na antesala da crise (2008). Tras 14 meses subindo a taxas interanuais inferiores ao 3%, xa son doce os meses consecutivos nos que se volveu a superar esta cifra. A taxa de abril é lixeiramente superior á de marzo (3,04%).


O número de pensións avanzou en abril un 1,2% respecto ao mesmo mes de 2016, ata un total de 9.490.771 pensións, novo máximo do sistema. Aínda que a taxa de crecemento interanual de abril non é das máis altas dentro na serie histórica da última década, con ela xa se acumulan 15 meses consecutivos de crecementos superiores ao 1%.


A pensión media de xubilación situouse ao comezo do presente mes en 1.060,09 euros mensuais, un 2,04% máis que en igual mes de 2016.


Pola súa banda, a pensión media do sistema, que comprende as distintas clases de pensión (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares) situouse en abril en 917,71 euros mensuais, o que supón un aumento interanual do 1,9%.

relacionada Os parados de longa duración, os máis desprotexidos polo sistema público de pensións
relacionada En Marea prepara unha lei para frear o empobrecemento das pensións
relacionada O gasto en pensións alcanza un novo máximo histórico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE