pensiones

Os xubilados galegos cobran 350 euros máis que as xubiladas

Estremadura e Galicia son as comunidades cuxos pensionistas cobran menos, mentres que País Vasco e Asturias atópase á cabeza

É insostible o sistema público de pensións?

O argumento máis utilizado polos negacionistas do sistema público de pensións é o relacionado coa evolución da pirámide demográfica da poboación española, a esperanza media de vida e a natalidade.

Que non vos enganen cas súas adrómenas sobre as pensiones

Non deberían quedar dúbidas sobre as reais intencións da maioría de estes  negacionistas: sementar o medo, crear un estado de ansiedade xeral para así conseguir tanto debilitar á resistencia das clases populares as reformas  regresivas das pensións públicas canto evitar que o debate político céntrese no que resulta decisivo, en se queremos, ou non, un sistema público de pensións, que sexa universal e garante dunhas pensións suficientes.

​Unha subida do 3% para 2022 nas pensións mínimas e non contributivas, anuncia o Goberno

O Goberno de España anunciou, ademais dos acordos para aprobar os Prespuestos Xerais do Estado, un novo impulso ás pensións. Foi a ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, a que anunciou a medida que afecta as pensións mínimas e non contributivas.

​O gastos en pensións creceu un 2,4% nun ano ata os 10.119 millóns de euros

De marzo do 2020 a marzo de 2021 o gasto en pensións creceu un 2,4% no noso país, segundo a información publicada polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. En concreto, segundo os datos da Seguridade Social, destináronse máis de 10.119 millóns de euros ao pago de pensións non contributivas.

​O Goberno confía endurecer a xubilación anticipada e incentivar as xubilacións demoradas o próximo outono

Entre setembro e outubro deste 2021, segundo manifestou José Luis Escrivá, ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, o Goberno central abordará a nova medida co fin de penalizar a aqueles que se xubilen prematuramente mentres aínda se cociñan a lume lento as negociacións polas pensións.

​Canto é o máximo que podo cobrar como pensionista? E o mínimo? Novidades nas pensións de 2021

Neste ano a contía mínima das pensións contributivas e non contributivas subiu, do mesmo xeito que o fixo o máximo por pensión. Con todo, neste 2021 estableceuse máis marxe para que as persoas que opten ao tope máximo xeneral e ao establecido para os distintos tipos de pensións da Seguridade Social.

O goberno de España busca subir as cargas ás rendas moi altas e aos plans de pensións privados

O borrador de os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) pactado por PSOE e Podemos tamén prevé unha subida das pensións, pero moi pequena. As pensións mínimas non contributivas subirán ao redor do 1,8% en 2021, o dobre que o resto de pensións que se actualizarán segundo o IPC previsto (0,9%) polo que en teoría ningún pensionista perderá poder adquisitivo e os máis pobres gañarán un pouco.

​Como de ameazadas están as pensións? O Tribunal de Contas advirte que a súa viabilidade está “en serio perigo”

O último informe da organización denuncia a situación crítica que atravesa o sistema da Seguridade Social e a existencia dun problema estrutural de sustentabilidade financeira. A crise sanitaria do coronavirus, que derivou nunha importante crise económica, xoga en contra dos pensionistas, que temen que a billa das pensións poida mesmo chegar a pecharse. 

Xubilarse máis tarde para cobrar máis? Informe do Banco de España revela que pode ser unha mala idea

O informe tamén sinala que o sistema de pensións paga 1,74 euros de media a cada xubilado por cada euro que achegou durante a súa vida laboral.  No artigo 'Unha estimación do rendemento financeiro do sistema de pensións' (PDF)  publicado este martes, o Banco de España fai unha simulación do rendemento que os pensionistas obteñen das súas achegas ao sistema de pensións unha vez que se xubilan, asimilándoo a un investimento financeiro. Para facer o estudo, baseáronse nos datos de 7.627 persoas que se xubilaron en 2017.

Galicia é a segunda comunidade coas pensións máis baixas: os nosos pensionistas ingresan 860,18 euros de media
O número de pensionistas galegos é de 764.076, un 0,19% menos que no mesmo mes de 2019
​As pensións, as máis ameazadas polas medidas de austeridade coas que afrontar a crise do coronavirus

O Goberno de España estuda un posible recorte ás pensións como consecuencia do impacto que a crise sanitaria, económica e social do coronavirus provocará en España. Aínda que en Moncloa barallan todo tipo de posibilidades para minimizar o golpe, o axuste ao sistema público de pensións é un dos elementos que desde o Goberno están a someter a un estudo máis pormenorizado. 

A nova subida das pensións garantirá que os xubilados non perderán poder adquisitivo
O Consello de Ministros, o primeiro tras a configuración do novo Goberno, aprobou este martes a subida para este ano das pensións nun 0,9%, que afectará tanto as pensións contributivas como non contributivas e de clases pasivas e que terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro.
Revalorizar as pensións e os soldos públicos, primeiros pasos do novo Executivo


Mañá de imaxes históricas ao xurar os seus cargos ante o Rey líderes da esquerda republicana como Alberto Garzón ou Pablo Iglesias. Os xa novos ministros teñen sobre a súa mesa varios desafíos inminentes, subir pensións e salarios públicos entre outros moitos.

Manifestación no Obradoiro por unhas "pensións dignas" e por que o 10N "vótese con cabeza"
Os pensionistas composteláns protestan como todos os primeiros luns de mes e avanzan que acudirán a unha manifestación en Madrid o día 16
​Record no gasto de pensións: 9.681 millóns de euros

Agosto bateu o record no referido ao gasto en pensións por parte da Seguridade Social, superando os 9.681 millóns de euros, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. 

As xubiladas galegas: "as peor pagas" de España, denuncia USO

Con unha pensión media de 718,20 euros ao mes, as mulleres galegas perciben un salario por hora 2,02 euros menor que os homes.

​Un crédito de 7.000 millóns para garantir as pensións españolas


O goberno de Pedro Sánchez valora a posibilidade de solicitar un crédito urxente para poder facer fronte ás pensións de xullo e a extra de verán. O problema xorde por mor da non aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado, que condicionaron as partidas destinadas ás pensións e que agora se atopan nun limbo ao non poder asegurar o pago das mesmas. Agora, os socialistas buscan solucións para asumir ese desembolso antes de que finalice o mes.


Máis de 1.000 pensións pagas tras morrer os titulares

O informe analiza as nóminas emitidas en decembro de 2015 e decembro de 2016 e cruza esta información cos datos de falecidos achegados polo INE entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2016.

​Os pensionistas de Galicia non son iguais que os de Navarra, segundo o Tribunal de Contas

O organismo denuncia que a atención que reciben os pensionistas en España non é igualitaria ao depender das Comunidades Autónomas.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE