Prisión provisional para o detido por acosar a 15 menores en Vigo

|

Detenidocoche


O Xulgado de Instrución número 7 de Vigo acordou enviar a prisión provisional comunicada e sen fianza por supostos delitos contra a liberdade sexual ao empresario de Vigo de 40 anos que foi detido acusado de acosar sexualmente a unha quincena de menores vigueses de entre 14 e 15 anos.


Tras pasar a disposición xudicial na mañá deste venres, a maxistrada acordou envialo a prisión provisional por delitos incluídos no capítulo contra a liberdade sexual. Así, durante a investigación concretarase se se lle imputan delitos de abusos e/ou exhibicionismo ou provocación ou corrupción, segundo informaron fontes xudiciais.


O home foi detido pola Policía Nacional o mércores, tras dous meses de investigación nos que se comprobou que supostamente contactaba con menores residentes en Vigo, e quedaba con eles habitualmente en grupos pequenos.


O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, confirmou este venres que o home "captaba a menores de Vigo de entre 14 e 15 anos, a 15 menores en concreto, en locais de lecer e logo levábaos no seu barco ou ao seu propio domicilio". A Policía Nacional agregou que o home lles suxería ir espidos e fotografalos, de feito nas súas propiedades recolléronse diversas fotos.


Así mesmo, ofrecíalles ver películas pornográficas no seu domicilio e consumir bebidas alcohólicas co fin de desinhibilos e "poder abusar sexualmente deles". Ademais, cando xa contactara con varios mozos, o home creou un grupo de Whatsapp con todos eles, no que enviaba imaxes de contido sexual.



relacionada Deteñen en Vigo un presunto pedófilo que puido abusar de ata 15 menores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress