Co selo 'Ternera Gallega' consolidado, é a quenda da vaca e do boi

A carne fresca procedente destes animais pode conseguir a Indicación Xeográfica Protexida antes de que acabe marzo.


|

Vacacarnepasto


A vaca e o boi de Galicia poderían obter a Indicación Xeográfica Protexida antes de que acabe o mes de marzo, segundo informou nunha comunicado a Xunta que, a través da Consellería do Medio Rural, ten previsto publicar no Diario Oficial de Galicia a decisión favorable en relación con esta inscrición.


Este anuncio realizouno a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, aos responsables da Indicación Xeográfica Protexida 'Ternera Gallega', que foron os impulsores desta iniciativa en colaboración coa Xunta, nun encontro de traballo.


Esta decisión "supoñerá unha maior protección e posta en valor da carne fresca procedente das vacas e os bois" de Galicia, asegurou a Xunta. O produto obtense das principais vacas existentes, que son a 'Rubia Galega', 'Morena Galega', 'Asturiana dos Vales', 'Limusina', 'Rubia de Aquitania' e a 'Frisoa'.


A Xunta tamén avanzou que para recibir este selo "a carne deberase presentar refrixerada, sen que poida ser conxelada en ningún momento ao longo do proceso de obtención e comercialización".


A IXP ABARCARÁ TODA GALICIA


"A vaca caracterízase por ser unha femia con, polo menos, unha xestación antes do sacrificio", aclarou a Xunta. "O boi debe ser un macho castrado antes do ano de vida e que supere os 48 meses de idade antes do sacrificio", engadiu.


Así mesmo, no comunicado tamén se explica que a Indicación Xeográfica Protexida abarcará "a totalidade do territorio galego". "Os animais deben nacer, criarse, engordarse, sacrificarse e despezarse en Galicia", especificou a Xunta, que tamén afirmou que cada fase constará dunha etiquetaxe concreta.

relacionada Vinculan a carne asada ou á grella a un maior risco de morte por cancro de mama

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE