Cancela reprocha a Caballero que cuestione a lexitimidade de Leiceaga

A presidenta da xestora do PSdeG argumenta que "non fai ningún favor" ao partido, que, ao seu xuízo, atravesa un momento "dramático".


|

Pilarcancelaleiceaga


A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, considera que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, non fai "ningún favor" ao PSdeG ao cuestionar a lexitimidade de Xoaquín Fernández Leiceaga como portavoz parlamentario do PSdeG.


De feito, en declaracións aos medios antes de participar nunha manifestación convocada en Santiago por UGT e CCOO, Cancela lembrou que Leiceaga "non foi imposto por ninguén", posto que concorreu a unhas eleccións primarias nas que sacou "unha maioría suficiente" que "non é para cuestionar".


Cuestionada polas declaracións do alcalde de Vigo sobre Leiceaga, de quen dixo que non era "unha voz autorizada", a tamén deputada fixo fincapé en que non se fai "ningún favor" ao sistema normativo do partido cuestionando a compañeiros que "saen lexitimamente elixidos pola militancia". "Iso non nos fai ben", apostilou.


Pero Cancela foi máis aló ao argumentar que persoas con "significancia institucional" e "referentes" do PSOE, en clara alusión a Caballero, deben ser "os primeiros en mostrar ese respecto".


MOMENTO "DRAMÁTICO"


Preguntada polas declaracións de Pedro Sánchez, quen dixo que a actual xestora deixa o PSOE "en terra de ninguén", Cancela recoñeceu que o Partido Socialista está nun momento "dramático". E é que, razoou, "esconder as verdades" non axudará aos socialistas para "pasar páxina".


Nesta liña, sinalou que, neste momento, hai "moita tensión" debido á "contraposición de visións" no seo do partido. "É o momento de resolvelo con toda normalidade", defendeu a tamén deputada, quen aposta por que as "discrepancias" non sexan "tan viscerales".


"Oxalá que cando finalice (o proceso de primarias e o Congreso) poidamos estar todos tras o proxecto gañador", confiou Cancela, quen reivindicou ao PSOE como "o partido referente" e instou aos seus compañeiros de filas a "traballar máis e berrar menos".


Sobre os dous candidatos que, polo momento, aspiran a liderar o PSOE, Patxi López e Pedro Sánchez, Cancela asegurou que, como militante do PSOE e presidenta da xestora galega, "encántanlle" os dous proxectos. Con todo, espera que algún outro compañeiro ou compañeira tamén aposte por dar un paso adiante e presentarse --actualmente, todas as miradas están postas na andaluza Susana Díaz, a quen o propio Caballero animou a presentarse--.


Acto seguido, fixo fincapé en que as convocatorias de primarias están "normalizadas" no seo do PSOE. "Unha vez que pasen esas primarias e ese congreso, espero que, gaña quen gañe, sexa apoiado", subliñou a presidenta da xestora do PSdeG.


"E a partir de aí a construír e a ver se deixamos de ser noticia por cuestións internas e orgánicas e (o somos) máis ben por propostas políticas e traballo no Congreso e no Parlamento", opinou.


Cancela aproveitou esta pregunta dos medios para "marcar o posicionamento da xestora de Galicia": "Serán benvidos ao territorio calquera compañeiro que queira vir".

relacionada Para Caballero, Leiceaga perdeu a lexitimidade que lle deron as primarias
relacionada Abel Caballero a Susana Díaz: "Es o mellor que hai neste partido"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE