Hugo Novoa Ramos reanima ao submarino amarelo e en Vilarreal freganse as mans

Dúas asistencias do de Bertamiráns deron dous goles ao filial amarelo na súa vitoria contra o Sporting de Xixón.


|

Novoa ramos
Hugo Novoa Ramos

 

Ninguén dixo que fose ser fácil, pero con Hugo Novoa Ramos no equipo a cousa cambia. O mal ano do Vilarreal B en Segunda División parece endereitar con tres vitorias nos últimos catro choques, curiosamente nos que o galego chegado no mercado de inverno ao filial amarelo, parece dar a súa mellor versión. O seu fútbol foi clave para a boa serie dun conxunto que parecía abocado ao descenso e que agora mira cara arriba despois do golpe encima da mesa que deu en Xixón este fin de semana, derrotando ao Sporting por 0-3.

 

A Segunda División, o campionato máis impredicible do Vello Continente, deixa todos os fins de semana resultados insólitos. Que o Vilarreal B, até fai nada pechacancelas, gañase no Molinón, non era algo que contemplasen as quinielas, pero bastaron dúas cabalgadas de Hugo Novoa Ramos para que os asturianos, firmes candidatos a pelexar polo ascenso, bicasen a lona. 

 

Eléctrico pola dereita, o carrilero con alma de extremo volveu tola á banda branquivermella. No primeiro gol esprinta até a liña de fondo e cando parece que se lle pechan todas as portas serve o balón a Fores para que remate a pracer; no segundo aparece polo centro para ver a Ontiveros incorporar polo seu carril e deixarlle o balón franco para que disparar e superar a Yañez

 

CEDIDO...POR POUCO TEMPO?

Con tanta arrancada, ao de Bertamiráns a gasolina duroulle unha hora antes de dar o cambio a Requena. O seu concurso en Xixón foi excelso e levou unha das mellores notas da tarde. O Vilarreal B queda a dous puntos dos postos de salvación, con cinco partidos por xogar aínda. Novoa chegou en xaneiro e até hai un mes non saíra de titular, sendo un habitual das segundas partes. Foi titular nos últimos cinco partidos e os números falan ao seu favor: tres vitorias e dúas derrotas pola mínima ante Alcorcón e Oviedo

 

Con el no campo o filial mellora as súas prestacións e ten máis cerca a remontada de face á permanencia. Na Cerámica gardáronse unha opción de compra co Leipzig polo internacional coa sub-21, que promete ir a París este verán aos Xogos Olímpicos. Co rendmiento que está a dar, non sería de estrañar que o ano que vén comparta vestiario con Denis Suárez e Santi Comesaña. Novoa chegou a Vilarreal, e parece que para quedar.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE