Garitano: "A situación é delicada, canto antes o vexamos, antes sairemos"

O adestrador do Dépor non fala da súa renovación porque "os obxectivos non están cumpridos". Ola John mellorou o seu estado físico e entra na convocatoria.


|

GaritanorpdeporGaritano, en sala de prensa. //Fonte: RC Deportivo


Gaizka Garitano aparca de momento a súa posible renovación, á que onte se referiu Richard Barral, director deportivo do club, referíndose a que están "contentísimos" co corpo e buscan a súa "continuidade, por fin", porque se trata dunha "materia pendente". O adestrador prefire non pensar no tema, porque é o "que menos ten que preocupar a min e ao club".


"Estamos nunha situación delicada e canto antes o vexmos e antes sexamos conscientes, antes sairemos dela. Os obxectivos non están cumpridos, nin pola miña banda nin por parte do equipo. Por tanto, cando chegue ese momento xa chegará. Agora hai que gañar máis partidos e afastarnos un pouco se podemos da zona de descenso", resolveu Garitano en sala de prensa, tal e como informa o club na súa web.


MERCADO DE INVERNO


Cuestionado acerca das incorporacións asegurou estar "moi contento" e "quizais outros equipos se reforzaron con máis número, pero se te reforzas mellor ou peor non é en función do número". Así, sobre Ola John, que mañá está convocado para o partido contra o Betis, recoñeceu que é un futbolista de calidade", pero o seu problema é o seu estado físico e "o ritmo, que o ten que aumentar porque só coa calidade individual non se pode xogar en Primeira".


A súa situación compáraa coa de Ryan Babel: "necesitamos un pouquiño de tempo para tratar de poñer o mellor que poidamos a futbolistas que son bos". Recoñece tamén que "mellorar o equipo en decembro era difícil porque un futbolista clave para o equipo que estaba a facer as diferenzas non está".


MARLOS CAE DA LISTA


Sobre a ausencia de Marlos Moreno da convocatoria, Garitano explicou que "non quere dicir que vaiamos deixar de contar con el, traballa fenomenal e cada día está a aprender cousas novas, pero Ola leva aquí tres semanas e necesito que vaia entrando na dinámica do equipo. Está mellor de peso e de forma e podemos contar con el uns minutos".

relacionada Intercambio de porteiros entre o Dépor e o Anderlecht
relacionada Garitano, prudente: "Vai ser unha pelexa moi dura ata o final"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE