"Por e para Santiago", novo partido en Compostela no que participan ex-militantes do PP e outros partidos
O PP de Santiago grétase tras o abandono da carreira electoral de Fernando Maio, un dos dous precandidatos ao inminente Congreso, que encumbrará a Borja Verea.
Hoxe adiantouse o lanzamento dunha nova formación, baixo o nome "Por e para Santiago". Pretende presentarse aos comicios de maio de 2023, con exmiembros doutros partidos, como o PP.
David Ríos Martínez nunha imaxe do Facebook da Asociación Álvaro Cunqueiro
Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, a agrupación defínese como unha iniciativa "mulleres e homes independentes de Santiago de Compostela". Ideológicamente dise "moderado e de amplo espectro"m pero crítico cos extremismos.
Entre os seus promotores figura o presidente da Asociación Vista Alegre, David Ríos, quen foi afiliado do Partido Popular, do mesmo xeito que Anxo Jiménez, Ramón Fandiño e Juan Carlos Rodríguez.
Ademais, tamén son impulsores Susana García, Raquel Rodríguez, Miguel Ángel Zas, Óscar Fraga, Roberto Güimil, Montserrat Pascual, Javier Caneda, Jacobo Varela, María Sende Darío Quinteiroy Manuel Anxo Martínez. Pronto se reunirán para escoller a súa primeira xunta directiva.
O proxecto político aspira a “converterse nun referente” no goberno da cidade. Hai que lembrar que, salvo a sorprendente vitoria de Gerardo Conde Roia en 2014, hai décadas que ninguén gaña por maioría absoluta as locais en Santiago.
Por tanto, calquera partido que consiga representación no Pazo de Raxoi pode ter un papel crave, especialmente se ideológicamente posiciónase no centro, o que lle permitiría pactar facilmente a dereita ou esquerda.
Escribe o teu comentario