Detida unha muller de 30 anos por cravarlle un tacón na cara a outra muller coa que discutía en Vigo​

Unha muller, A.M.N. de Vigo e 30 anos de idade, foi detida na madrugada do pasado sábado despois de cravarlle un tacón na cara a outra muller, S.F.L., de 38 anos de idade, coa que discutiu á saída dun local de lecer nocturno.



|

Os feitos ocorreron a madrugada do sábado, á salidad dun local de lecer nocturno, e a agredida presentaba unha ferida sanguenta á altura da pálpebra inferior do ollo dereito.


A procesada foi trasladada ao PAC de Pizarro para ser atendida por un facultativo. Alí, comezou a mostrar unha actitude agresiva cara aos axentes, chegando a tentar dar unha patada a un deles.


Policia local

Policía Local | Foto: @G24


Unha muller, A.M.N. de Vigo e 30 anos de idade, foi detida na madrugada do pasado sábado despois de cravarlle un tacón na cara a outra muller, S.F.L., de 38 anos de idade, coa que discutiu á saída dun local de lecer nocturno.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 03,40 horas, cando os porteiros dun establecemento informaron a uns axentes que estaban a patrullar a zona que se estaba producindo unha pelexa na vía pública.

Unha vez no lugar, os actuantes puideron observar a dúas mulleres que discutían de maneira "acalorada". Unha vez identificadas, unha delas asegurou que foi no interior do local cando tiveran unha discrepancia "sen maior transcendencia".


Aínda que, unha vez no exterior, a outra implicada no altercado dirixiuse a ela comezando a agredila, chegando a quitarse un dos zapatos e golpeándoa co tacón na cara, recibindo un impacto á altura da pálpebra inferior do ollo dereito, "do que manaba abundante sangue", segundo recolle a Policía Local.

A outra muller manifestou ser ela a agredida, engadindo que lle apagaba un cigarro na cala, á altura do ollo, "aínda que non presentaba ningún tipo de lesión".

Por todo iso, solicitouse a intervención dunha ambulancia, trasladando á ferida ao hospital Álvaro Cunqueiro xa que ía necesitar "polo menos" cinco puntos de sutura, segundo explicaron os sanitarios.

A outra muller, A.M.N. de 30 anos, foi detida pola suposta comisión dun delito de lesións, aínda que tamén foi trasladada ao PAC de Pizarro para ser atendida por un facultativo. Alí, comezou a mostrar unha actitude agresiva cara aos axentes, chegando a tentar dar unha patada a un deles, tendo que ser reducida e trasladada ao Álvaro Cunqueiro para a súa valoración.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE