Viaqua lanza a IV edición do seu certame 'Relatos de auga intelixente'

|

Relatosaugaintelixente


Por cuarto ano, o certame literario 'Relatos de auga intelixente' convocado por Viaqua abre prazo de presentación de textos.


Coma nas edicións anteriores, está dirixido a alumnos de 12 a 17 anos dos centros de ESO e Bacharelato ou FP que pertenzan a municipios onde a empresa se encarga da xestión da auga.


Os alumnos teñen ata o 31 de decembro para enviar os seus traballos, que deberán tratar sobre "a importancia da auga na sociedade e na vida, o uso responsable e coidado do medio ambiente, así como a percepción que os alumnos teñen do concepto de cidade intelixente e auga intelixente".


Os requisitos pódense consultar na web de Viaqua e o xurado fallará nos primeiros meses do próximo ano, para que a entrega de premios teña lugar o 22 de marzo, Día Mundial da auga.


A empresa quere contribuír desta maneira "á difusión da cultura da auga e implicar os mozos no uso sustentable deste recurso escaso e o coidado do medio ambiente".


relacionada Catro mozas compostelás, vencedoras do concurso de relatos de Viaqua
relacionada Máis de 500 traballos de escolares compiten por ser os mellores 'Relatos de auga intelixente'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress