ViAQUA

Impulsar a circularidade da auga para un futuro sostible

A transformación cara a un modelo baseado na economía circular permite potenciar a resiliencia hídrica fronte á seca e preservar a dispoñibilidade da auga para a agricultura, a industria e as cidades. 

A sostibilidade na axenda empresarial, non é unha opción é un deber

Viaqua publica o seu Informe de Desenvolvemento Sostible, presentando á cidadanía as iniciativas que levou a cabo en Galicia durante o último ano para loitar contra o cambio climático e a perda de biodiversidade, promover a saúde das persoas e o acceso á auga, e fortalecer vínculos de confianza cos seus grupos de relación.
 

Protexer a natureza, reducindo o noso impacto nos ecosistemas

Viaqua impulsa solucións innovadoras baseadas na natureza para preservar o medioambiente.

A rexeneración de auga acelera o cambio

A solución pasa pola rexeneración, un método que consiste en aplicar á  auga das depuradoras un tratamento adicional que permite reutilizala con todas as garantías  sanitarias e devolvela á natureza ou empregala para novos usos como a rega de zonas verdes ou  a agricultura.  Viaqua aposta pola circularidade da auga como motor de cambio No contexto presente de escaseza hídrica, Viaqua aposta de forma decidida pola rexeneración  da auga, un proceso que leva a cabo pensando non só na auga, senón en todo o ciclo completo,  para facer realidade a economía circular.

O programa ECOVAL-SUDOE cristaliza con Galicia á vangarda da xestión circular dos residuos

O proxecto ECOVAL-SUDOE presentou en Ourense as súas conclusións despois de dous anos e medio de traballo e con resultados de éxito. 

Bota a rodar o proxecto ‘WATERUN Horizonte Europa’ para a xestión das augas de escorrentía en Santiago

O proxecto, que se desenvolve tamén en cidades danesas e xordanas, terá unha duración de 48 meses e un orzamento de 3 millóns de euros.

Viaqua celebra o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cun webinar desde a Antártida

Este 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

No CIGAT Circular a Xunta, Viaqua e Cetaqua unen esforzos para descarbonizar Galicia a través dos residuos

Na súa aposta pola innovación, o Grupo Agbar, Viaqua e CETAQUA celebraron este mércores no AquaHub 'A vila dá auga' de Santiago a presentación do Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular, que contou coa presenza de membros da administración pública e empresarios envorcados con este poryecto. 

 

 

 

Premio de Viaqua para os alumnos galegos que mellor reflexionen sobre a seca e o consumo responsable de auga

 Hai tres categorías na nova edición deste concurso escolar, para primeiro e segundo de #ESO, terceiro e cuarto de #ESO e Bacharelato #FP.

 

Alianzas e compromisos fronte ao cambio climático, claves para asegurar un futuro sostible

Viaqua adhírese ao obxectivo global de evitar a superación do incremento de 1,5 ºC da temperatura global do planeta, contribuíndo así ao ODS 13


 

A auga de choiva compostelá obxecto de estudo para catorce entidades

Viaqua, AIMEN e a Universidade da Coruña atópanse traballando conxuntamente neste proxecto, cun orzamento de 3 millóns de euros e cunha duración de 48 meses.

 

Viaqua e Cetaqua asumen o reto da transición ecolóxica co Centro Mixto de Investigación CIGAT CIRCULAR

A CIGAT CIRCULAR supón un paso máis aló na aposta de Viaqua e Cetaqua na investigación e a innovación.

 

Viaqua avanza firme no seu plan de mellorar a experiencia dos seus clientes con novas canles de comunicación

A compañía integra novos idiomas na atención telefónica, alcanzando xa as 15 linguas distintas coas que atender aos seus clientes.

 

Persoas con discapacidade intelectual limpan o Río Sarela nunha alianza verde entre Viaqua e Amicos

Fixérono como parte dunha acción de concienciación na que colaboraron a empresa galega de xestión de augas Viaqua, o colectivo de persoas con discapacidade intelectual Amicos e os nenos que participan estes días no campamento de verán da Fundación Universidade de Santiago.

Os enxeñeiros informáticos de Galicia galardoan a Viaqua, que segue recollendo premios e recoñecementos

O Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) recoñece o traballo de Viaqua no campo da innovación, destacando o proxecto da rede Dinapsis.

 

Os colexios San Jorge e Vilas Alborada de Santiago, distinguidos por Viaqua polo seu impulso á educación en ciencia a nenas

A empresa galega de xestión da auga Viaqua recoñeceu o labor dos colexios San Jorge e  Colexio Plurilingüe Vilas Alborada. Faino pola súa énfase na educación STEM, a centrada en ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. 

 

AquaOurense, Cruz Vermella e a Deputación unen forzas para concienciar sobre o consumo responsable da auga

A acción nace do Pacto Social AquaOurense, promovido por Viaqua e a Deputación de Ourense, e busca concienciar xunto con Cruz Vermella sobre hábitos responsables no consumo da auga.

O coidado do medioambiente, a FP Dual da auga ou a colaboración público-privada centran a Xunta Xeral de Grupos de Interese de Agbar

Divulgadores científicos, políticos e ata exalumnos da FP Dual da auga, choy convertidos en traballadores de Viaqua, participaron na última edición da Xunta Xeral de Grupos de Interese.

Protexer e coidar a Terra é o único camiño para garantir o noso futuro

Ademais, o crecemento da poboación e o aumento da produción de recursos e alimentos fará que a demanda de auga dispare a súa demanda entre un 20% e un 30% de aquí a 2050.  Viaqua, ao cuidado do medioambiente En Viaqua, empresa cunha traxectoria de máis de 50 anos, ofrecemos solucións innovadoras arredor da xestión sostible da auga, os recursos naturais e a saúde ambiental para as cidades, a agricultura e a industria, en liña coa folla de ruta da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas.Como empresa galega que que xestiona un recurso natural clave para máis de 765.000 persoas, en preto de 50 municipios, apoiámonos na innovación e dixitalización, así como as alianzas, para acelerar a transformación ecolóxica e contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas que nos achegue a un modelo máis sostible, ecolóxico e circular.

O IES Antonio Fraguas e La Salle de Santiago entre os máis premiados no concurso literario de Viaqua

A compañía galega de xestión de auga Viaqua entregou os premios do seu xa tradicional concurso literario 'Relatos de auga intelixente'. O Concello de Santiago, alcalde incluído, recibiu aos alumnos de ESO e bacharelato premiados, procedentes das cidades nas que a compañía opera a concesión.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE