Máis de 13.000 enfermeiras competirán por 1.070 prazas do SERGAS a piques de saír no DOG

A sanidade pública leva décadas arrastrando uns elevados índices de temporalidade. Traballo precario que é especialmente sanguento para o colectivo de enfermeiras. Convocatorias como esta poden axudar a paliar o problema en contexto de escaseza de profesionais sanitarios.



|

A sanidade pública leva décadas arrastrando uns elevados índices de temporalidade. Traballo precario que é especialmente sanguento para o colectivo de enfermeiras. Convocatorias como esta poden axudar a paliar o problema en contexto de escaseza de profesionais sanitarios.


Unha pasada protesta do colectivo Enfermeiras en Loita tras uns exu00e1menes en Silleda nunha foto de arquivo

Unha pasada protesta do colectivo Enfermeiras en Loita tras unhas oposicións en Silleda nunha foto de arquivo 



O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos próximos días unha convocatoria de 1.070 prazas fixas para persoal de enfermería das institucións sanitarias do organismo.

Nun comunicado, a Consellería de Sanidade explicou que así se acordou este venres na reunión da mesa sectorial de Sanidade, que estivo presidida pola directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez.


MÁIS FACIL PASAR O CORTE

En concreto, as prazas convocadas son 1.070, acumulando as ofertadas nos anos 2019, 2020 e 2021, sendo posible que se incremente este número coas que resulten de aprobación do decreto de oferta pública de emprego para 2022, que se publicará antes do 1 de xuño, e que conterá prazas tanto de taxa de reposición ordinaria como da taxa adicional de estabilización.

Ademais de incorporar algún axuste no baremo respecto a procesos anteriores, nesta convocatoria, e no actual contexto, reducirase a nota de corte para superar o exame específico da fase de oposición do 50% ao 35%.


PREMIO PARA AS QUE DERON A CARA DURANTE A COVID

A convocatoria incluirá unha puntuación adicional por servizos prestados durante a pandemia nesta categoría sanitaria, en aplicación dos disposto na lei de medidas fiscais e administrativas de Galicia, co dobre de valor.

Tamén se incluirán medidas recollidas no primeiro Plan de Igualdade con respecto ás mulleres gestantes con problemas para desprazarse no momento de realizar o exame. Na convocatoria redúcese a produción interna dun 50% a un 25% das prazas para dar maior número de prazas ao acceso libre.

A Xunta, así mesmo, sinalou que el 60% da puntuación na convocatoria é para a fase de exame e 40% para méritos de formación, experiencia e outros,

como a investigación e publicacións, así como a puntuación adicional por prestación de servizos en pandemia. Os méritos alcanzan por tanto a máxima puntuación posible neste tipo de convocatorias.


PRAZO DE INSCRICIÓN

Co propósito de que poida participar o maior número de aspirantes posible, incluíndo as persoas da última promoción de enfermería que terminarán os seus estudos universitarios o próximo mes de xuño, o Servizo Galego de Saúde fixará a data límite para a inscrición neste proceso no 15 de xullo de 2022.

A Xunta destacou que esta nova convocatoria súmase a outras medidas adoptadas polo Executivo galego para dar maior estabilidade aos profesionais sanitarios, como o Plan de estabilidade do emprego e provisión de prazas do persoal estatutario do Sergas ou a implementación o nomeamento de continuidade para médicos de familia, pediatras de atención primaria e persoal de enfermería.

CRONOGROMA OPE 2022
Na reunión, os responsables de Recursos Humanos do Sergas informaron as organizacións sindicais dun calendario coa previsión de datas de realización dos exercicios da fase da oposición da OPE en curso, con categorías que comprenden persoal de oficios, informática e persoal licenciado sanitario de hospitais, que se vai a desenvolver nos próximos meses de abril e maio. Para esta OPE están inscritos case 13.000 aspirantes.

En concreto, segundo este calendario, para o día 23 de abril estarían convocados os facultativos especialistas de cirurxía oral e maxilofacial; de cirurxía pediátrica; de cirurxía estética, plástica e reparadora; de inmunoloxía; de oncoloxía radioterápica etc.

 


Ademais, o domingo 8 de maio os chamados a examinarse serían os da categoría de calefactores, logopedas, técnicos superiores de sistemas e tecnoloxías da información, os traballadores sociais, os técnicos de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e o persoal de lavandería.

Xa para terminar, o sábado 14 de maio sería a quenda dos cociñeiros mecánicos, terapeutas ocupacionais e os telefonistas, e para o domingo día 15 citaranse aos electricistas, pasadores de ferro e técnicos especialistas en sistemas e tecnoloxías da información.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE